Bieito Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bieito Lobeira Domínguez»)
Infotaula de personaBieito Lobeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Bieito Lobeira Domínguez, nado en Seixo (Marín) o 22 de outubro de 1968, é un político galego do BNG.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Comezou a súa vida política na asociación de estudantes ERGA con dezaseis anos. Formou parte de Galiza Nova, as mocidades do BNG desde a súa fundación ata 1998, e foi o seu secretario xeral entre 1992 e 1998.

O 25 de marzo de 1996 accedeu como deputado ao Parlamento de Galicia, en substitución de Guillerme Vázquez.[1] Continuou como deputado na V, VI, VII e VIII Lexislatura. Membro do Consello de Contas e da comisión lexislativa que analizou a catástrofe do Prestige, foi voceiro da súa formación para asuntos pesqueiros e marítimos, vicevoceiro e presidente da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento. Foi Secretario de Organización do BNG na Executiva Nacional que tivo como portavoz nacional ao catedrático Xavier Vence, e dende 2017 é Coordinador de Organización da Executiva encabezada por Ana Pontón.[2][3]

Foi tamén un dos voceiros da Plataforma Nunca Máis.

Bieito Lobeira na XVI Asemblea Nacional do BNG en 2017.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É fillo de pescador e mariscadora e traballou descargando peixe no porto de Marín.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IV Lexislatura - Relación de deputados do Parlamento de Galicia (16-11-93 ó 26-08-97)" (PDF). Parlamento de Galicia. Consultado o 2016-02-29. .
  2. "O BNG crea unha coordinadora de política local coa vista posta nas municipais" (en castelán). 3 de abril de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  3. "Executiva Nacional". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  4. «Son un tipo esencialmente hortera» Arquivado 08/10/2008, en Wayback Machine., entrevista de Nacho Mirás en La Voz de Galicia, 6 de outubro de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]