Biblioteca mitolóxica
Biblioteca mitolóxica | |
---|---|
Título orixinal | Βιβλιοθήκη |
Autor/a | Pseudo-Apolodoro |
Orixe | Imperio Romano |
Lingua | Grego antigo |
Tema(s) | Mitoloxía grega |
Xénero(s) | mitografia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca mitolóxica (Βιβλιοθήκη) é un libro elaborado no século I ou no II, que recompila, de maneira detallada pero incompleta, a mitoloxía grega tradicional, desde as orixes do universo até a guerra de Troia.
Contido
[editar | editar a fonte]A Biblioteca foi usada como referencia polos clasicistas desde a época da súa compilación até a actualidade, e influíu na literatura sobre o mundo clásico desde a Antigüidade até Robert Graves. A Biblioteca proporciona unha historia dos mitos gregos, contando a historia de todas as grandes dinastías da mitoloxía heroica e os episodios relacionados cos principais heroes e heroínas, desde Xasón e Perseo até Heracles e Helena de Troia. Como fonte primaria para os mitos gregos, como obra de referencia e como indicio de como os propios escritores gregos antigos vían as súas tradicións míticas, a Biblioteca é indispensable para calquera que teña interese pola mitoloxía clásica.
A Biblioteca, orixinalmente en catro tomos, non se conservou completa. Parte do terceiro tomo e todo o cuarto perdéronse. Por outra banda, existen sete Epítomes elaborados a partir da edición completa que foron descubertos en 1885 polo helenista Richard Wagner (1860-1937) no Codex Vaticanus 950; inclúen a parte perdida, o que se considera un bo resumo do seu contido e, ademais, en 1887 Athanasios Papadopoulos-Kerameus (Αθανάσιος Παπαδόπουλος-Κεραμεύς: 1856-1912) descubriu os fragmentos safaíticos en Xerusalén.
Autor
[editar | editar a fonte]Nos manuscritos conservados sinálase como autor a un certo «Apolodoro»[1]. Este Apolodoro foi erroneamente identificado con Apolodoro de Atenas (n. c. -180), un discípulo de Aristarco de Samotracia, principalmente porque se sabe —por referencias no escolio menor sobre Homero- que este elaborou un exhaustivo repertorio sobre mitoloxía parecido, en forma de crónica en verso. O texto que temos cita un autor romano, Cástor de Rodas, que foi contemporáneo de Cicerón no século -I. A atribución errónea realízase polos eruditos desde o patriarca Focio de Constantinopla en diante. Dado que por razóns cronolóxicas Apolodoro non puido escribir o libro, como demostrou en 1873 Carlos Robert en Berlín (De Apollodori bibliotheca. Disertatio Berolini, 1873), o Scriptor Bibliothecae (‘escritor da Biblioteca’) adoita ser chamado «Pseudo-Apolodoro» polos que desexan ser escrupulosamente correctos. As referencias tradicionais simplemente indican «Biblioteca e Epítome».
Edicións
[editar | editar a fonte]A editio princeps ou edición primeira en imprenta da obra foi feita en Roma a cargo de Benedictus Aegius, en 1555. Logo seguiron moitas, algunhas delas excelentes, como a de Carl Müller, París, 1841, que se acompaña de tradución latina, até a considerada clásica de Richard Wagner en 1894, dentro da colección Mytographi graeci I, Lipsiae (Teubner). Ao inglés traduciuna James George Frazer (Londres, 1921); ao español Sara Isabel do Mundo (Buenos Aires, 1950) e, máis recentemente, M. Rodríguez de Sepúlveda (Madrid, 1985) e José Calderón Felices (Madrid, 1987).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aubrey, Diller (1983). Studies in Greek Manuscript Tradition. Ámsterdam. pp. 199–216. Orixinalmente como Aubrey, Diller (1935). "The Text History of the Bibliotheca of Pseudo-Apollodorus". Transactions of the American Philological Association (66): 296–313.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pseudo-Apolodoro (1985). Biblioteca mitológica (Trad. y notas de M. Rodríguez de Sepúlveda. Intr. de J. Arce. Rev.: C. Serrano Aybar ed.). Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-0997-0.
- Pseudo-Apolodoro (1987). Biblioteca mitológica (José Calderón Felices ed.). Madrid: Akal. ISBN 84-7600-179-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto francés con índice electrónico.
- Texto bilingüe alterno grego - francés en Commons: ed. de 1805 de Étienne Clavier.
- Texto francés da ed. de 1805 de Étienne Clavier, en Wikisource.
- Texto inglés con índice electrónico no sitio Theoi: ed. de 1921 de James Frazer na Loeb Classical Library.
- Texto inglés con índice electrónico no Proxecto Perseus: ed. de 1921 de James Frazer; na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en PDF. Junta de Estremadura.
- ÁLVAREZ, Clara: Análise morfolóxica e sintáctica de fragmentos do texto grego.
- Biblioteca, I, 1, 6 - 7: O nacemento de Zeus.
- Texto grego no Proxecto Perseus: 6; 7. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto inglés) e "load" (para o texto bilingüe).
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus: 6; 7. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto inglés) e "load" (para o texto bilingüe).
- Biblioteca, I, 2, 1: Os Ciclopes axudan a Zeus.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Biblioteca, II, 4, 1: Dánae e o seu fillo Perseo.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Biblioteca, II, 4, 2: Perseo e a gorgona Medusa.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes; véxase o último parágrafo.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes; véxase o último parágrafo.
- Epítome, III, 2: A mazá da discordia.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Epítome, IV, 6: Aquiles deixa as súas armas a Patroclo.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Epítome, V, 20 - 21: Os gregos salguen do cabalo e abren as portas de Troia.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes: 20; 21.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes: 20; 21.
- Epítome, VI, 24: Electra e Orestes.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Epítome, VII, 3: Os lotófagos.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Epítome, VII, 4: Odiseo chega á cova de Polifemo.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Epítome, VII, 6 - 7: Ninguén ataca a Polifemo.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes: 6; 7.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes: 6; 7.
- Epítome, VII, 33: A proba do arco.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- Biblioteca, I, 1, 6 - 7: O nacemento de Zeus.
- ÁLVAREZ, Clara: Análise morfolóxica e sintáctica de fragmentos do texto grego.
- Texto inglés con índice electrónico no Proxecto Perseus: ed. de 1921 de James Frazer; na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- HIGBIE, Carolyn: The Bibliotheca of Apolodorus (A Biblioteca de Apolodoro), apartado de Hellenistic Mythographers (Os mitógrafos helenísticos), artigo que á súa vez é parte de The Cambridge Companion to Greek Mythology (Vademécum de Cambridge da mitoloxía grega), edición preparada por Roger D. Woodard, Cambridge University Press, 2009.
- Reprodución en facsímil electrónico no sitio da Internet Arquive.
- Roger D. Woodard: profesor de Clásicas e de Lingüística da Universidade de Búfalo.
- Reprodución en facsímil electrónico no sitio da Internet Arquive.