Anna Gavalda
Aparencia
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fr) Anne-Gaëlle Coche 9 de decembro de 1970 Boulogne-Billancourt, Francia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | París |
| Ocupación | xornalista, guionista, escritora, novelista, tradutora, escritora de literatura infantil |
| Período de actividade | 1987 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, ProDetLit (en) |
Anna Gavalda, nada o 9 de decembro de 1970, é unha escritora en lingua francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anna Gavalda naceu o 9 de decembro de 1970 en Boulogne-Billancourt, na rexión da Illa de Francia. É nai de dous rapaces.
En 1992 gaña o premio France Inter por La Plus Belle Lettre d’amour (A carta de amor máis fermosa). Profesora de francés na universidade Nazareth en Voisenon (Seine-et-Marne), Anna Gavalda obtén no 2000 o Gran Premio RTL-Lire pola súa primeira colección de novelas curtas Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part [Encantaríame que alguén me esperase nalgún sitio]. Actualmente está escribindo na revista Elle artigos sobre literatura infantil e xuvenil.
Obras
[editar | editar a fonte]- Prólogo e textos da reportaxe fotográfica e dos diálogos recollidos por Régis Momenteau no libro A leurs bons cœurs (Aos seus bos corazóns), Le Dilettante, 2005.
- Xuntos e máis nada (Ensemble, c'est tout), Le Dilettante, novela, 2004; tradución de Mª Dolores Torres Paris, Editorial Galaxia, Vigo, 2006, ISBN 84-8288-898-6.
- 35 kilos d'espoir (35 quilos de esperanza), Bayard Jeunesse, novela para adolescentes, 2002
- Je l'aimais (Eu quíxeno), Le Dilettante, novela 2002.
- Unha bonita escapada (L'échappée belle), France loisirs, novela, 2001; tradución de Mª Dolores Torres Paris, Editorial Galaxia, Vigo, 2010, ISBN 978-84-9865-279-6.
- Ceux qui savent comprendront (Os que saben, entenderán), Grand livre du mois, novela curta de 64 páxinas, 2000.
- Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part (Encantaríame que alguén me esperase nalgún sitio), Le Dilettante, novela curta, 1999.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Gavalda |
- Anna Gavalda—Fotos de Mathieu Bourgois.