Biarritz
Miarritze (eu) Biàrritz (oc) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Pireneos Atlánticos | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.764 (2021) (2.209,61 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Bayonne Functional Area (en) Q3550935 | ||||
Superficie | 11,66 km² | ||||
Bañado por | Golfo de Biscaia | ||||
Altitude | 27 m-0 m-85 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 64200 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 559 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | biarritz.fr | ||||
Biarritz (en francés: Biarritz, en éuscaro: Biarritz ou Miarritze, en gascón, Biàrritz) é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das principais localidades do territorio vascofrancés de Labort, e forma xunto con Baiona o Anglet a Comunidade de aglomeración do País Vasco, a área urbana máis importante da rexión.
Bañada polo mar Cantábrico (golfo de Biscaia), atópase moi preto de Baiona e de Anglet e a 20 quilómetros da fronteira con España. A unha distancia de 40 quilómetros atópase a cidade de Donostia, desenvolvida como cidade balneario pola realeza española seguindo o modelo de Biarritz.
O casino de Biarritz foi inaugurado o 10 de agosto de 1901 e as súas praias fan da cidade un centro turístico. O surf ten en Biarriz un dos puntos máis importantes para a súa práctica. Biarriz vive de face ao mar, pois foi na súa orixe unha vila baleeira. No século XIX os médicos recomendaban os baños de mar en Biarritz polas súas propiedades terapéuticas.
Biarritz alcanzou a fama en 1854, ano en que a Emperatriz Eugenia, a esposa de Napoleón III, fixo construír un Palacio na praia, coñecido actualmente como Hôtel du Palais. A Familia Real Británica pasou tempadas en Biarritz.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Praia e casino
-
Porto Vello
-
Museo do Mar
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biarritz |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en francés)