Betty White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Betty White
BettyWhiteJune09.jpg
White na estrea de The Proposal en xuño de 2009
Nome completoBetty Marion White
Nacemento17 de xaneiro de 1922
 Oak Park
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIgreja da Unidade
Alma máterHigh School de Beverly Hills
Ocupaciónactriz, humorista, presentadora de televisión, cantante, escritora, música, actriz de televisión, modelo, actriz de cinema, actriz de dobraxe e actriz de teatro
CónxuxeAllen Ludden
PremiosDaytime Emmy Award for Outstanding Game Show Host, Grammy Award for Best Spoken Word Album, premiadas com o Emmy para melhor atriz secundária numa série de comédia, premiadas com o Emmy para melhor atriz secundária numa série de comédia, Emmy do Primetime para melhor atriz numa série de comédia, Emmy do Primetime para melhor atriz convidada numa série de comédia, Emmy do Primetime para melhor atriz convidada numa série de comédia, Prémio Screen Actors Guild Life Achievement Award, premiadas e indicadas pelo Screen Actors Guild para melhor atriz em série de comédia, premiadas e indicadas pelo Screen Actors Guild para melhor atriz em série de comédia, Salón da Fama de California, premiadas e indicadas pelo Screen Actors Guild para melhor atriz em série de comédia, premiadas com o Emmy para melhor atriz secundária numa série de comédia e Disney Legends
editar datos en Wikidata ]

Betty Marion White Ludden, nada en Oak Park (Illinois) o 17 de xaneiro de 1922,[1] é unha actriz e cómica estadounidense,[2][3] coa carreira televisiva máis longa do mundo do espectáculo.[4][5][6] Considerada unha pioneira da televisión, foi unha das primeiras mulleres en ter control diante e detrás das cámaras[7] e está recoñecida como a primeira muller que produciu unha telecomedia (Life with Elizabeth),[8] o que contribuíu a que recibise o título honorífico de Alcaldesa de Hollywood en 1955.[9]

Durante a súa carreira de case 80 anos, recibiu oito premios Emmy en diferentes categorías, tres American Comedy Awards, tres Screen Actors Guild Awards e un Grammy.[10] Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, foi incluída no Television Hall of Fame en 1995 e recibiu o título de Disney Legend en 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Betty Marion White naceu en Oak Park, Illinois, o 17 de xaneiro de 1922.[1] Ten afirmado que Betty é o seu nome legal e non un diminutivo de Elizabeth.[11][12][13] Foi a filla única de Christine Tess (de solteira Cachikis; 1899–1985), ama de casa, e Horace Logan White (1899–1963),[14] executivo dunha compañía de iluminación.[15][16] O seu avó paterno era dinamarqués e o seu avó materno greg, coas súas outras raíces procedentes de Inglaterra e Gales, sendo ambas as avoas canadenses.[17][18][19]

A familia de White mudouse a Alhambra, California e despois aos Ánxeles, durante a Gran Depresión.[20][21] Para gañar cartos extra, o seu pai construía radios e vendíaas. Como nese momento pouca xente recibía un salario cuantioso, cambiaba tamén as radios por outras cousas, incluíndo cans nalgunhas ocasións.[22]

Asistiu a Horace Mann School Beverly Hills e ao Beverly Hills High School, coñecido por ser o lugar de rodaxe de filmes como Clueless e Que fermoso é vivir,[23] graduándose en 1939. O seu interese na natureza foi iniciado por unhas vacacións familiares en Sierra Nevada. Pensou en converterse en garda forestal, pero non puido levalo a cabo porque as mulleres non eran aceptadas nese posto.[22][24] En cambio, comezou a interesarse en escribir. Escribiu e interpretou o papel principal nunha obra de graduación en Horace Mann School e así descubriu o seu interese na actuación. Inspirada polos seus ídolos, Jeanette MacDonald e Nelson Eddy,[25] decidiu procurar unha carreira como actriz.[15]

1939–1949[editar | editar a fonte]

White comezou a súa carreira na televisión en 1939, tres meses despois de graduarse no instituto, cando ela e unha compañeira de clase cantaron cancións de The Merry Widow nun canal experimental dos Ánxeles.[26][27] White atopou traballo como modelo, e o seu primeiro traballo profesional como actriz foi no Bliss Hayden Little Theatre. Cando estalou a segunda guerra mundial, parou a súa carreira e foi voluntaria nos American Women's Voluntary Services. A súa ocupación incluía o transporte de material militar a través de California. Participou ademais en actos para as tropas antes de que fosen enviados fóra do país.[28]

Trala guerra, White buscou traballos en estudios cinematográficos, pero sempre foi rexeitada porque "non era fotoxénica". Entón decidiu buscar nas radios, onde iso non importaba. O seu primeiro traballo nese campo foi ler anuncios e realizar pequenas actuacións, e mesmo en ocasións facer ruídos de multitudes. Gañaba arredor de cinco dólares por programa. Fixo case de todo, incluso cantar gratis nun programa e aparecer nun concurso local.[15] Apareceu en programas como Blondie, The Great Gildersleeve e This is Your FBI. Conseguiu entón o seu propio programa radiofónico, The Betty White Show.[29] En 1949, comezou a aparecer como copresentadora con Al Jarvis no seu programa de variedades diario e en directo Hollywood on Television, orixinalmente chamado Al Jarvis' Make-Believe Ballroom en KFWB radio e en KLAC-TV nos Ánxeles.[7][27]

Década de 1950[editar | editar a fonte]

White comezou a presentar soa o programa trala marcha de Jarvis en 1952,[7] o que significou cinco horas de programa en directo seis días á semana durante catro anos. En todas as súas series de variedades durante anos, White cantou polo menos un par de cancións durante cada emisión. En 1951, foi candidata por primeira vez ao Emmy á mellor actriz de televisión, competindo con estrelas como Judith Anderson, Helen Hayes e Imogene Coca (o premio foi para Gertrude Berg). Esta foi a primeira categoría da historia dos Emmy deseñada para mulleres.

White en 1954

En 1952, o mesmo ano en que comezou a presentar Hollywood on Television, cofundou Bandy Productions co escritor George Tibbles e o produtor Don Fedderson.[7] O trío traballou para crear novos programas empregando personaxes existentes en escenas de Hollywood on Television. White, Fedderson e Tibbles crearon a telecomedia Life with Elizabeth, con White como protagonista.[7] O programa foi emitido orixinalmente como produción en directo en KLAC-TV en 1951, e valeulle a White un Emmy local en 1952.[7][12][27][30]

Life with Elizabeth foi emitido a nivel nacional entre 1952 e 1955, facendo de White unha das poucas mulleres da televisión con control creativo total diante e detrás das cámaras.[7] A serie era estraña para unha telecomedia dese tempo porque estaba coproducida e pertencía a unha rapaza de vinte e oito anos que aínda vivía cos seus pais. White dixo que non se preocupaba pola fama neses días e que habitualmente as historias estaban baseadas en situacións reais que lle sucedían a ela, ao actor que interpretaba a Alvin ou ao guionista.[15]

White tamén apareceu en anuncios na televisión en directo nos Ánxeles, como nun de "Dr. Ross Dog Food" en KTLA durante a década de 1950. Tamén apareceu no episodio de The Millionaire titulado "The Virginia Lennart Story", como a propietaria dunha pequena cafetería que recibía un regalo anónimo dun millón de dólares, en 1956.[7]

En 1954, presentou e produciu o seu propio programa de variedades e entrevistas, The Betty White Show, en NBC.[7] Como na serie, tiña control creativo e puido contratar unha directora.[31] O programa recibiu críticas por incluír a Arthur Duncan, actor afroamericano, como membro regular do elenco. As críticas seguiron cando NBC levou o programa a toda a nación. Estacións do sur ameazaron co boicot se Duncan non era eliminado da serie. En resposta, White dixo "Síntoo. Vivide con iso", e deulle a Duncan máis tempo en antena.[31][32] A pesar de ter éxito de audiencia inicialmente, os cambios de horarios fixeron que esta baixase. A finais do ano, NBC cancelou o programa.[33]

Tralo final de Life with Elizabeth, apareceu como Vicki Angel na telecomedia de ABC Date with the Angels entre 1957 e 1958, serie inspirada en parte na obra de Elmer Rice Dream Girl. Aínda que a serie intentou centrarse nos soños esperta de Vicki, o patrocinador non estaba de acordo cos elementos fantásticos e fixo presión para que se eliminasen. Máis tarde White dixo: "honestamente podo dicir que foi a única vez que quixen que me despedisen dun programa".[33] A serie foi un desastre de crítica e público, pero ABC non permitiu que White rompese o contrato e obrigouna a encher as trece semanas que quedaban. En vez de remodelar a serie, White relanzou o seu antigo programa de variedades The Betty White Show, que se emitiu ata que o contrato foi rescindido.[33]

Década de 1960[editar | editar a fonte]

Sen traballo, White volveu a súa atención aos concursos. Fixo moitas aparicións en Password como estrela invitada entre 1961 e 1975. Casou co presentador, Allen Ludden, en 1963.[7] Máis adiante apareceu en tres versións actualizadas do programa, Password Plus, Super Password e Million Dollar Password, aparecendo con cinco presentadores distintos (Allen Ludden, Bill Cullen, Tom KennedyTom Kennedy, Bert Convy e Regis Philbin). Tamén apareceu frecuentemente en concursos como What's My Line? (a partir de 1955), To Tell the Truth (1961, 1990 e 2015), I've Got a Secret (en 1972–73), Match Game (1973–1982), e Pyramid (a partir 1982). Password e Pyramid foron creados por Bob Stewart, amigo de White.

Debutou no cinema como a senadora por Kansas Elizabeth Ames Adams no drama Tormenta sobre Washington (1962). Aínda que a súa interpretación recibiu boas críticas, foi a súa única interpretación para a gran pantalla durante décadas.

NBC ofreceulle un traballo como presentadora do seu programa matinal Today, mais rexeitouno porque non quería mudarse a Nova York, onde se rodaba Today, permanentemente. The job eventually went to Barbara Walters.[34] Durante as décadas de 1950 e 1960, White comezara unha temporada de dezanove anos como presentadora e comentarista na emisión anual de Tournament of Roses Parade en NBC (en ocasións, copresentando con Lorne Greene), e aparecera en varios talk shows nocturnos, incluíndo o de including Jack Paar's Tonight Show, ademais de concursos de día.[7]

Década de 1970[editar | editar a fonte]

En 1973, fixo varias aparicións especiais na cuarta temporada da telecomedia de CBS The Mary Tyler Moore Show.[7] Como resultado destas aparicións, converteuse en actriz regular como a sardónica devoradora de homes Sue Ann Nivens, "A Feliz Ama de Casa", na serie.[7] White recibiu dous Emmys por esta personaxe e consideraba a Sue Ann un dos fitos da súa carreira, describindo a súa imaxe televisiva como "doce repelente". Sentía que era a definición da pasividade feminina, debido ao feito de que White sempre pareceu desexar satirizar a súa propia personalidade deste xeito.[15]

Un gag recorrente era que a personalidade privada con carácter de Sue Anne era oposta totalmente á que presentaba no seu programa. "Necesitamos alguén que poida interpretar repugnantemente doce, como Betty White", suxeriu a propia Moore nunha reunión de produción que levou á contratación de White. White gañou dous Emmys consecutivos polo seu papel.[7]

En 1975, NBC substituíuna como presentadora e comentarista da emisión de Tournament of Roses Parade pensando que estaba demasiado identificada coa súa rival CBS debido ao éxito de The Mary Tyler Moore Show. White admitiu na revista People que foi difícil "ver outro facer o meu desfile",[35] aínda que logo comezou un período de dez anos como presentadora do Macy's Thanksgiving Day Parade para CBS.

Tralo final de The Mary Tyler Moore Show en 1977, White logrou a súa propia serie en CBS, cuarto programa titulado The Betty White Show[7] durante a temporada 1977-78, que protagonizou con John Hillerman e a antiga actriz de Mary Tyler Moore Georgia Engel. Foi cancelada tras unha temporada.

White participou varias veces en The Carol Burnett Show e The Tonight Show Starring Johnny Carson aparecendo en moitos sketches, e comezou a ser actriz invitada en moitos telefilmes e miniseries, como With This Ring, The Best Place to Be, Before and After e The Gossip Columnist.[7]

Década de 1980[editar | editar a fonte]

En 1983, converteuse na primeira muller en gañar un Daytime Emmy Award na categoría de presentador de concurso, polo programa de NBC Just Men!.[36] Debido á cantidade de traballo que fixera nos concursos, foi coñecida como a "Primeira Dama dos Concursos".[37]

En 1983-1984, tivo un papel recorrente como Ellen Harper na serie Mama's Family,[7] xunto coa futura compañeira de Golden Girls Rue McClanahan. White creara esta personaxe nunha serie de sketches para The Carol Burnett Show na década de 1970. Cando Mama's Family foi lanzada a todo o país tras ser cancelada por NBC en 1984, White abandonou a serie (con excepción dunha aparición en 1986).

En 1985, White obtivo o maior éxito da súa carreira como a nativa de St. Olaf, Minnesota, Rose Nylund en The Golden Girls.[7] A serie narraba as vidas de catro mulleres viúvas ou divorciadas nos seus "anos dourados", que compartían unha casa en Miami. The Golden Girls, coprotagonizada por Bea Arthur, Estelle Getty e Rue McClanahan, tivo un éxito inmenso e durou de 1985 a 1992. White gañou un Emmy na primeira temporada da serie[7] e foi candidata todos os anos en que se emitiu a serie (esta fazaña tamén a logrou Getty como actriz secundaria).

A White ofrecéronlle orixinalmente o papel de Blanche na serie mentres que a Rue McClanahan lle ofreceran o de Rose, personaxes similares aos que interpretaran en Mary Tyler Moore e Maude, respectivamente. Jay Sandrich, director do episodio piloto, suxeriu que deberían intercambialos xa que tiveran papeis semellantes no pasado, segundo dixo McClanahan nun documental sobre a serie. White tivo dúbidas sobre a súa capacidade para interpretar a Rose ata que o creador da serie a levou á parte e lle dixo que non interpretase a Rose como unha estúpida, senón como alguén "absolutamente inxenua, unha persoa que cre sempre a primeira explicación de algo".[38]

Década de 1990[editar | editar a fonte]

A serie rematou en 1992 cando Arthur anunciou a súa decisión de abandonar a serie, mais White, McClanahan e Getty volveron tomar os seus papeis de Rose, Blanche e Sophia na secuela The Golden Palace.[7] A serie foi breve e só durou unha temporada. White tamén interpretou a Rose Nylund en aparicións como invitada nas series de NBC Empty Nest e Nurses, ambas ambientadas en Miami.[7]

Despois do final de The Golden Palace,[7] White apareceu como invitada en moitas series de televisión como Suddenly Susan, The Practice e Yes, Dear, recibindo candidaturas ao Emmy por elas. Gañouno en 1996 pola súa aparición como ela mesma nun capítulo de The John Larroquette Show. No episodio, titulado "Here We Go Again", parodia de Sunset Boulevard, unha diva White convencía a Larroquette de que a axudase a escribir as súas memorias. Nun momento, as actrices de Golden Girls McClanahan e Getty aparecían como elas mesmas. Larroquette é obrigado a disfrazarse de Beatrice Arthur, cando as catro aparecen en público como o "elenco" orixinal. Comicamente, White describe a Rose como a personaxe principal mentres que as outras son simples secundarias.

Década de 2000[editar | editar a fonte]

En decembro de 2006, White uniuse á telenovela The Bold and the Beautiful no papel de Ann Douglas (co que fixo 22 aparicións), a nai perdida da matriarca da serie, Stephanie Forrester, interpretada por Susan Flannery.[39] Tamén interpretou unha personaxe recorrente en Boston Legal, en ABC, entre 2005 e 2008, a calculadora e chantaxista contiñeira Catherine Piper, papel que interpretou orixinalmente como artista invitada en The Practice en 2004.[7]

White apareceu varias veces en The Tonight Show with Jay Leno e The Late Late Show with Craig Ferguson aparecendo en moitos sketches e volveu a Password na súa última etapa, Million Dollar Password, o 12 de xuño de 2008, (episodio #3), participando no desafío final do millón de dólares. O 19 de mario de 2008, apareceu en The Oprah Winfrey Show, como membro da reunión especial do elenco sobrevivente de Mary Tyler Moore Show.

A partir de 2007 apareceu en anuncios para PetMeds, mostrando o seu interese nos dereitos dos animais e a súa saúde.[40]

Década de 2010[editar | editar a fonte]

En 2009, a compañía de lambetadas Mars, Incorporated lanzou unha campaña para a súa barra Snickers; a frase da campaña era: "You're not you when you're hungry" ("Ti non es ti cando tes fame"). White apareceu con Abe Vigoda no anuncio da lambetada na Super Bowl de 2010 e o anuncio volveuse viral.[41][42]

Tralo éxito do anuncio xurdiu unha campaña en Facebook chamada "Betty White to Host SNL (Please)" ("Betty White para presentar SNL (por favor)") en xaneiro de 2010. O grupo estaba chegando aos 500 000 membros cando NBC confirmou o 11 de marzo de 2010 que White efectivamente presentaría Saturday Night Live o 8 de maio. A súa participación fixo dela, con 88 anos, a persoa de máis idade que presentou o programa, superando a Miskel Spillman, gañador do concurso SNL's "Anybody Can Host", que o presentou en 1977 con oitenta anos.[43][44] No seu monólogo inicial, White agradeceu a Facebook e bromeou dicindo que "non sabía que era Facebook, e agora que o sei, teño que dicir, soa como unha gran perda de tempo".[21] A súa interpretación valeulle o Emmy á mellor actriz invitada nunha serie de comedia, a súa sétima vitoria en total.

En xuño de 2010, White interpretou o papel de Elka Ostrovsky na serie Hot in Cleveland con Valerie Bertinelli, Jane Leeves e Wendie Malick. Hot in Cleveland foi o primeiro intento do canal TV Land's de realizar unha comedia propia. White ía aparecer só no piloto, pero pedíronlle que quedase para toda a serie.[45] En 2011, foi candidata ao Emmy polo papel, mais perdeu contra Julie Bowen por Modern Family.[46] A serie durou seis temporadas, cun total de 128 episodios, cun episodio final dunha hora emitido o 3 de xuño de 2015.[47]

White tamén protagonizou a presentación en Hallmark Hall of Fame de The Lost Valentine o 30 de xaneiro de 2011, que foi a de máis audiencia para un Hallmark Hall of Fame en catro anos,[48] e entre 2012 e 2014, White presentou e produciu Betty White's Off Their Rockers, no que cidadáns de idade facían bromas a rapaces novos.[49] Polo programa, recibiu tres candidaturas aos Emmy.

A finais de 2010 publicouse un calendario de Betty White para 2011, con fotos da súa carreira e con algúns animais.[50] Tamén lanzou a súa propia liña de roupa o 22 de xullo de 2010, con camisas coa súa cara. Todos os beneficios ían para varias organizacións animalistas que apoia.[51]

O éxito de White continuou en 2012 co seu primeiro Grammy pola gravación falada do seu bestséller If You Ask Me. Tamén gañou o UCLA Jack Benny Award for Comedy, que recoñecía a súa importante contribución á comedia na televisión e recibiu un brinde cómico no New York Friars' Club.[52]

O especial televisivo Betty White's 90th Birthday Party emitiuse en NBC o día antes do seu aniversario o 16 de xaneiro de 2012. O programa incluíu aparicións de moitos artistas que traballaron con White, ademais dunha mensaxe do presidente Barack Obama.[53] En xaneiro de 2013, a NBC volveu celebrar o aniversario de Betty White cun especial de televisón con famosos amigos, incluído o ex-presidente Bill Clinton; o especial emitiuse o 5 de febreiro.[54]

O 18 de agosto de 2018, celebrouse a carreira de White cun documental en PBS titulado Betty White: First Lady of Television.[55] O documental foi filmado durante un período de dez anos e incluía imaxes e entrevistas de arquivo de colegas e amigos.[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Biography.com Editors (3 de marzo de 2016). "Betty White Biography". A&E Television Networks. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  2. "Betty White, comedian and actress, turns 95". Deutsche Welle. 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2017. 
  3. "Happy birthday! Actress and comedian Betty White turns 95". FOX59. 17 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2017. Popular actress and comedian Betty White turns 95 on Tuesday. 
  4. Dawn, Randee (6 de setembro de 2013). "Betty White, 'Breaking Bad' earn 'Guinness World Records' titles". Today.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  5. "Longest TV career by an entertainer (female)". Guinness World Records. Consultado o 2018-08-27. 
  6. "Longest TV career by an entertainer (male)". Guinness World Records. Consultado o 2018-08-27. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 7,22 Kilday, Gregg (15 de setembro de 2009). "Betty White to receive SAG lifetime award". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2010. Consultado o 5 de outubro de 2009. 
  8. "Pioneers of Television: Sitcoms: TV Programs on Iowa Public Television". Iptv.org. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  9. Hollywood.com, LLC (17 de xaneiro de 2011). "Happy Birthday Betty White! - General News". Hollywood.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  10. "Betty White". emmys.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 10 de xullo de 2014. 
  11. "Betty White Biography (1922–)". Film Reference. Advameg, Inc. Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2008. Consultado o 1 de novembro de 2008. 
  12. 12,0 12,1 "Betty White". She Made It. The Paley Center for Media. Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  13. Lipton, James (host) (28 de setembro de 2010). "Betty White". Inside the Actors Studio. Tempada 16. Episodio 1606. Bravo. 
  14. "Person Details for Betty Marion White, "Illinois, Cook County Birth Certificates, 1878-1938" —". Familysearch.org. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 O'Dell, Cary (1 de xaneiro de 1997). Women Pioneers in Television: Biographies of Fifteen Industry Leaders. McFarland & Company. ISBN 978-0-7864-0167-3. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  16. "Hollywoodland Category: Betty White in the 1930 Census Posted by Allen Ellenberger on 14 de abril de 2014". Allanellenberger.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  17. Smolenyak Smolenyak, Megan (16 de xuño de 2010). "Betty White: White-Hot in Cleveland or Not". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  18. Scott, Walter (21 de decembro de 1986). "Personality Parade". Pittsburgh Press. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2013. Consultado o 29 de abril de 2010. 
  19. Nolasco, Stephanie (5 de maio de 2010). "Betty White Draws Line With Nudity & Marijuana But Hopes For Beer Pong Rematch On 'SNL'". StarPulse. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 9 de maio de 2010. 
  20. Jacobs, Matthew (17 de xaneiro de 2013). "Betty White's 91st Birthday: 10 Facts About America's Golden Girl". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  21. 21,0 21,1 "Betty White". Saturday Night Live. Tempada 35. Episodio 679. 8 de maio de 2010. NBC. 
  22. 22,0 22,1 "Betty White Interview – Part 1 of 5". Youtube. 8 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  23. Tony, Reeves (2006). The Worldwide Guide to Movie Locations. Londres: Titan Books. p. 203. ISBN 978-1-84023-992-8. 
  24. Green, John (9 de novembro de 2010). "U.S. Forest Ranger Betty White". ABC. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  25. "Betty White: PBS salutes enduring star". Orlando Sentinel. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  26. France, Lisa Respers (9 de febreiro de 2010). "Cool Betty White is red-hot". CNN. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2013. According to an oral history interview White conducted in 1994 for the Archive of American Television, she broke into the business three months after graduating from Beverly Hills High School in 1938 at an early age, as part of an experimental television show. 
  27. 27,0 27,1 27,2 O'Neil, Tom (17 de xuño de 2010). "Betty White reflects on a golden career". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  28. "Hot Shots: Betty White". cleveland magazine. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  29. "Betty White honored with 2009 Screen Actors Guild Lifetime Achievement Award". Screen Actors Guild Awards (Os Ánxeles). 23 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  30. Gomes, Patrick (3 de setembro de 2015). "Betty White Remembers Her First Emmys - in 1951!". People. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  31. 31,0 31,1 31,2 "Betty White: PBS salutes Happy Homemaker, Golden Girl, TV pioneer". USA Today. Consultado o 1 de setembro de 2018. 
  32. "Betty White’s 80-year career celebrated in PBS special". Manila Bulletin. Consultado o 1 de setembro de 2018. 
  33. 33,0 33,1 33,2 "The Early Betty White 1947-1973". WFMU. Consultado o 2 de setembro de 2018. 
  34. "Betty White: Hall of Fame Tribute". Television Academy. Consultado o 1 de setembro de 2018. 
  35. Windeler, Robert (20 de decembro de 1976). "MTM Is Ending and Stumpers Is Dumped, but Betty White & Allen Ludden Still Have Each Other". People 6 (25). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  36. "It's Evening in America". Vanity Fair. Maio de 2012. Page 157.
  37. Conradt, Stacy (23 de febreiro de 2010). "10 reasons we love Betty White". CNN. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  38. "Seven Things You Didn't Know About Birthday Girl Betty White". radar. 17 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  39. "Returning". Soap Opera Weekly. 13 de febreiro de 2007. p. 5. 
  40. Modelo:Cite pr
  41. Schultz, E.J. (4 de outubro de 2013). "BEHIND THE SNICKERS CAMPAIGN THAT LAUNCHED A GLOBAL COMEBACK". AdAge. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  42. Elliott, Stuart (19 de febreiro de 2013). "Candy Aims Print Ads at Consumers 'Hungry' for Redemption". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  43. Silverman, Stephen M. (11 de marzo de 2010). "Betty White to Host Saturday Night Live May 8". People. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  44. Rice, Lynette (9 de maio de 2010). "'Saturday Night Live' with Betty White attracts big ratings". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  45. Hinckley, David (19 de xuño de 2013). "'Hot in Cleveland' to return with live episode". Daily News. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2014. Consultado o 2 de maio de 2014. 
  46. Seidman, Robert (1 de marzo de 2010). "TV Land First Original Sitcom "Hot in Cleveland With Valerie Bertinelli and Betty White Premieres in June". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  47. "'Hot In Cleveland' To End Run After Six Seasons On TV Land". Deadline Hollywood. 17 de novembro de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  48. "CBS's 'The Lost Valentine' starring Betty White wins time". Radio & Television Business Report. 31 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  49. Roxborough, Scott (31 de marzo de 2011). "Betty White to Host 'Off Their Rockers' for NBC". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2011. 
  50. "Golden Girl Betty White poses for calendar". BBC News. 8 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  51. "Betty White, 88, Debuts New Clothing Line". Us Weekly. 21 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  52. Dougherty, Barry (3 de novembro de 2012). "The Roast of Betty White". New York Friars Club. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  53. "Betty White and Betty Crocker celebrate 90th birthday". On the Red Carpet. 16 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  54. Harnick, Chris (16 de xaneiro de 2013). "Betty White Honored By NBC With New Birthday Special Featuring Bill Clinton". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  55. "Betty White's 80-year career celebrated in PBS special". www.msn.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 2018-08-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tucker, David C. The Women Who Made Television Funny: Ten Stars of 1950s Sitcoms. Jefferson, NC: McFarland, 2007.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]