Barbara Walters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Barbara Walters
Barbara Walters 2011.jpg
Walters en Nova York, xuño de 2011
Nome de nacemento Barbara Jill Walters
Nacemento 25 de setembro de 1929
  Boston, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América
Educada en Sarah Lawrence College
Ocupación xornalista, presentadora de televisión, escritora e news presenter
Cónxuxe Merv Adelson e Lee Guber
Profesión Xornalista
Premios Disney Legends, Courage in Journalism Award e Lucy Award
editar datos en Wikidata ]

Barbara Jill Walters,[1] nada o 25 de setembro de 1929, é unha xornalista e autora de orixe estadounidense, pioneira do xornalismo televisivo feminino que presentou dous programas matutinos (Today e The View) e unha revista de noticias (20/20); ademais, anteriormente traballou como copresentadora de ABC Evening News e é unha contribuidora actual de ABC News.

Walters foi orixinalmente coñecida como unha presentadora popular no programa de noticias Today na NBC,onde traballou con Hugh Downs e posteriormente cos seus sucesores Frank McGee e Jim Hartz. Posteriormente, Walters pasou 25 anos como copresentadora da revista de noticias 20/20 na ABC. Foi a primeira copresentadora feminina dun telexornal vespertino, traballou con Harry Reasoner en The ABC Evening News e continuou como contribuidora á división de noticias da compañía e o seu programa principal, ABC World News.

Inicios[editar | editar a fonte]

Walters naceu en Boston, Massachusetts, filla de Louis "Lou" Walters e a súa esposa, Dena Seletsky, ambos os xudeus[2] descendentes de refuxiados do Imperio ruso.[3] O seu avó paterno, Isaac Abrahams, emigrou a Inglaterra desde Łódź, Polonia, cambiando o seu nome a Abraham Walters, e, despois de nacer o pai de Walters, emigrou aos Estados Unidos coa súa familia en 1900.[4] Lou Walters abriu a Latin Quarter na cidade de Nova York, produciu o espectáculo de Broadway The Ziegfeld Follies of 1943, e serviu como o director de entretemento para Tropicana Resort & Casino en Las Vegas, Nevada.[5][6]

Despois de asistir ás escolas privadas Ethical Culture Fieldston School e Birch Wathen Lenox School[7][8] na cidade de Nova York, Walters graduouse na Miami Beach Senior High School en 1947 e en 1951, recibiu un B.A. en inglés do Sarah Lawrence College.[9][10]

Carreira[editar | editar a fonte]

Despois dun breve período como publicista para Tex McCreary Inc. e un posto como escritora para CBS News, Walters uniuse a The Today Show como unha escritora e investigadora en 1961[11] e para asumir a posición de "Today Girl," manexando as asignacións máis lixeiras e o prognóstico do tempo. En menos dun ano, converteuse nunha reporteira xeral e estaba a desenvolver, escribir, e editar os seus propios informes e entrevistas; con todo, non foi nomeada como a copresentadora do programa até 1974, cando a NBC oficialmente a designou. Aí, Walters fixo dúo con Harry Reasoner como copresentadora en The ABC Evening News desde 1976 até 1978. A relación dos dous foi difícil e efémera xa que a Reasoner non lle gustou ter unha copresentadora. Cinco anos despois do comezo desa asociación, Reasoner (quen regresara a CBS News) tivo unha entrevista memorábel e cordial con Walters en 20/20, en ocasión da estrea dun novo libro escrito polo presentador.[Cómpre referencia]

Walters tamén é coñecida por presentar a revista noticiosa 20/20 durante moitos anos, xunto co presentador Hugh Downs en 1979. Ao longo da súa carreira coa ABC, Walters apareceu nos especiais de noticias da ABC como unha comentarista, incluíndo inauguracións presidenciais e a cobertura dos atentados do 11 de setembro de 2001, e moderou varios debates presidenciais, incluíndo o que tivo lugar entre Jimmy Carter e Gerald Ford que se realizou no Phi Beta Kappa Memorial Hall en Williamsburg, Virginia, durante as eleccións presidenciais de 1976.[12] Moitos dos seus programas regulares e especiais son difundidos ao longo do mundo. A partir de 2004, está en semi-retiro da súa profesión de xornalista, mais permanece en ABC News como correspondente e presentadora.

Por outra banda, Walters tamén é unha presentadora de tempo parcial no talk show diúrno The View, da que é cocreadora e produtora executiva co seu socio de negocios, Bill Geddie.[13] Nos créditos da apertura orixinal, Walters describiu o programa como un foro para mulleres de diferentes xeracións, orixes, e puntos de vista.

As súas entrevistas cos líderes mundiais abranguen todos os ámbitos da vida, e convertéronse nunha crónica da última parte do século XX. Os líderes que Walters entrevistou ao longo dos anos inclúen o Shah Mohammad Reza Pahlavi de Irán, Boris Eltsin de Rusia, Jiang Zemin de China, Margaret Thatcher do Reino Unido, Fidel Castro de Cuba, Indira Gandhi de India, Václav Havel da República Checa, Muamar al-Qadafi de Libia, Hussein I de Xordania, Abdalá bin Abdelaziz de Arabia Saudita, Anwar el-Sadat de Exipto, o primeiro ministro israelí Menachem Begin e Hugo Chávez de Venezuela, entre moitos outros. Tamén entrevistou persoas influentes fóra do mundo político, incluíndo a Michael Jackson, Katharine Hepburn, Anna Wintour, e Laurence Olivier. Walters considerou o Dr. Robert Smithdas, un home xordo e cego que pasou a súa vida mellorando as vidas doutras persoas da súa mesma condición, como o seu entrevistado máis inspirador.

O seu prestixio converteuna en presentadora de varios programas especiais para a ABC que obteñen uns altos índices de audiencia. Desde 1993, presentou unha serie de televisados especiais dedicados a repasar os personaxes máis relevantes do ano, chamado Barbara Walters' 10 Most Fascinating People. É coñecida polo seu xornalismo de personalidade (anteriormente unha especialidade de Edward R. Murrow) e polas súas charlas profundas: O 3 de marzo de 1999, a súa conversa con Monica Lewinsky foi vista por 74 000 000 espectadores, un gran rexistro no segmento de entrevistas xornalísticas, aínda que os seus críticos fixeron varias acusacións sobre os programas realizados por Walters, citándoos como demasiado sentimentais.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Walters casou en catro ocasiones con tres maridos distintos: o executivo empresarial Robert Henry Katz (1955-1958; matrimonio anulado), o produtor teatral Le Guber (1963-1976; divorciados), e o executivo televisivo Merv Adelson (1981-1984 e 1986-1992; ambos os matrimonios terminaron en divorcio).[14]

No episodio de The View do 10 de maio de 2010, Walters anunciou que se sometería a cirurxía de corazón aberto para substituír unha válvula cardíaca defectuosa: a válvula aórtica, que bombea sangue desde o corazón cara ao resto do corpo. Despois, e segundo unha declaración do seu portavoz Cindi Berger, o procedemento para fixar a válvula cardíaca defectuosa de Walters foi exitoso e os médicos quedaron satisfeitos cos resultados da cirurxía. [Cómpre referencia] Walters regresou ao seu traballo en The View en setembro de 2010.[15]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1975, Walters gañou o Premio Daytime Emmy a Mellor Presentadora de Talk Show polo seu traballo en Today. Co seu programa The View, gañou dous Daytime Emmys en 2003 (na categoría de Mellor Talk Show) e 2009 (na categoría de Mellor Presentadora de Talk Show), e foi nomeada 22 veces en cerimonias que van desde 1998 até 2010 (11 para Mellor Talk Show, 11 para Mellor Presentadora de Talk Show). Gañou o NAACP Image Award por Mellor Programa de Entrevistas para The View en 2009 e foi nomeada en 2010.

En 1998, Walters gañou o Women in Film Crystal + Lucy Awards en recoñecemento á súa excelencia e innovación nas súas obras creativas, que melloraran a percepción das mulleres a través da televisión.[16] O 14 de xuño de 2007, foi honrada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood e, ao seguinte ano, recibiu un "Disney Legends Award," un premio outorgado a individuos que fixeron contribucións excepcionais a The Walt Disney Company (propietario de ABC).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Miss Walters engaged". The New York Times. 
  2. "Television Personality Looks Anew At Religion". Washington Post/Newsweek. 
  3. Audition: A Memoir. Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-307-26646-0. 
  4. Genealogy.com: Ancestry of Barbara Walters
  5. "Lou Walters, Nightclub Impresario and Founder of Latin Quarter, Dies". The New York Times. 
  6. Lou Walters en Internet Broadway Database
  7. Can Barbara Walters's Career Survive Rosie and Donald's War?- New York Magazine
  8. "And Now Back To You, Barbara". The New York Times. 
  9. James Conaway, "How to talk with Barbara Walters about practically anything," The New York Times, 10 de setembro de 1972, páxina SM40, 43-44
  10. "WALTERS, BARBARA: U.S. Broadcast Journalist". museum.tv. 
  11. Declarado por Walters nunha entrevista en Inside the Actors Studio.
  12. CNN: 1976 Presidential Debates. Consultado o 14 de xuño de 2008.
  13. "BARBARA WALTERS—HOUSE MOM TO BIGOTS". Catholic League for Religious and Civil Rights. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  14. "Katz—Walters", The New York Times, 21 de xuño de 1955, páxina 36
  15. "Barbara Walters to Undergo Heart Surgery". ABC News. 
  16. https://web.archive.org/web/20110630083646/http://www.wif.org/past-recipients

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Barbara Walters' 10 Most Fascinating People