Helen Hayes
Helen Hayes Brown, nada en Washington, D.C. o 10 de outubro de 1900 e finada en Nyack, Nova York o 17 de marzo de 1993, foi unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dunha aspirante a actriz, debutou no teatro con cinco anos, pero non marchou a Hollywood ata que o seu marido, o escritor Charles MacArthur, conseguiu un contrato na industria do cinema.
A súa primeira película sonora foi The Sin of Madelon Claudet, pola que gañou o oscar á mellor actriz. Tras este filme participou noutros éxitos, pero nunca chegou a ser unha actriz popular no cinema, e sempre preferiu o teatro.[1] non volvendo a Hollywood ata os anos cincuenta.

En 1970 gañou o oscar á mellor actriz secundaria por Airport, participando tamén en películas da Disney.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1917 | The Weavers of Life |
| 1928 | The Dancing Town |
| 1931 | Arrowsmith |
| 1931 | The Sin of Madelon Claudet |
| 1932 | Adeus ás armas |
| 1932 | The Son-Daughter |
| 1933 | The White Sister |
| 1933 | Another Language |
| 1933 | Night Flight |
| 1934 | What Every Woman Knows |
| 1935 | Vanessa: Her Love Story |
| 1943 | Stage Door Canteen |
| 1952 | My Son John |
| 1953 | Main Street to Broadway |
| 1956 | Anastasia |
| 1970 | Airport |
| 1974 | Herbie Rides Again |
| 1975 | One of Our Dinosaurs is Missing |
| 1977 | Candleshoe |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Helen Hayes na IMDb (en inglés).
- Páxina oficial (en inglés)