Modern Family
Modern Family é unha serie de TV de comedia estadounidense, que xoga tamén co pseudodocumental. Foi creada por Christopher Lloyd e Steven Levitan, e prodúcena os Fox Television Studios. Estreouse na ABC o 23 de setembro de 2009.
No 2010 gañou o Emmy á mellor serie cómica, así como outros dous Emmys ao mellor actor secundario para Eric Stonestreet e mellor guión para Steven Levitan e Christopher Lloyd.
Argumento
[editar | editar a fonte]Segue as familias de Jay Pritchett (Ed O'Neill), súa filla Claire Dunphy (Julie Bowen), e seu fillo Mitchell Pritchett (Jesse Tyler Ferguson), que viven nos Ánxeles. Claire é dona de Phil Dunphy (Ty Burrell), co que ten dúas nenas e un pícaro. Jay, o patriarca, está casado de segundas nupcias cunha muller colombiana moito máis nova que el, que se chama Gloria (Sofía Vergara), que ten con ela, doutro matrimonio, un fillo preadolescente, Manny. Mitchell e o seu home, Cameron Tucker (Eric Stonestreet), teñen en adopción unha bebé vietnamita chamada Lily.