Benita Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benita Moreno
Nacemento31 de outubro de 1792
 A Coruña
Falecemento29 de xaneiro de 1872
 El Puente del Arzobispo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante de ópera
editar datos en Wikidata ]

Benita Moreno, nada na Coruña o 31 de outubro de 1792[1] e finada en El Puente del Arzobispo (provincia de Toledo) o 29 de xaneiro de 1872,[2][3] foi unha soprano española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do violinista e compositor madrileño Francisco José Moreno, pasou parte da súa infancia en Santiago de Compostela, localidade onde seu pai tiña a praza de músico da catedral.[4] Tiña oito anos cando marchou cos seus pais a Italia[5], onde estudou canto e co tempo chegou a debutar como prima donna na ópera La festa della rosa[6] de Stefano Pavesi, no Gran Teatro La Fenice de Venecia,[4] recibindo unha morea de aplausos. Mais tarde actuou nos principais teatros de Europa. Con vinte anos volveu a España recollendo novos éxitos nos teatros[7], entre eles o Teatro Príncipe de Madrid,[8] sendo moi aclamada. En Madrid foron moitos os triunfos desta cantante e da súa irmá Francisca e mesmo Fernando VII as apreciaba moito, ó igual que os grandes da súa corte.[3][6]

Ela e a súa irmá foron as primeiras en introducir a ópera italiana en España[3], chegando a figurar entre as artistas de ópera con máis sona en Europa. Concretamente introduciron ó público español na obra de Rossini,[3] coa estrea en Madrid da obra L'italiana in Algeri na súa versión traducida ó castelán o 29 de setembro de 1816[4] con motivo do casamento de Fernando VII con María Isabel de Braganza.[9][10]

Diversos escritores da época adicáronlles numerosas poesías, cheas de eloxios cara ás dúas artistas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Menedez Pidal, coruñés de cuna". ABC (xornal) (Córdoba) (en castelán). 13 de marzo de 1969. p. 20. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  2. Saldoni, Baltasar (1868). Diccionario biográfico-bibliográfico de efemérides de músicos españoles II. Madrid: Imprenta á Cargo de D. Antonio Perez Dubrull. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Segunda edición : avisos". La Correspondencia de España : diario universal de noticias. 6 de febreiro de 1872. p. 2. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Marco, Aurora (decembro de 1993). "En volta da música e as músicas (1)" (PDF). Andaina :Revista Galega de Pensamento Feminista (7): 44. 
  5. Diccionario Biográfico del Trienio Liberal. 1991. 
  6. 6,0 6,1 Lanza Álvarez, Francisco (1953). Dos mil nombres gallegos. 
  7. Saldoni, Baltasar (1881). Diccionario biográfico-bibliográfico de efemérides de músicos españoles. III-IV. 
  8. "Arza Pilili:Canción Garitana [Sic](...) Cantada En El Teatro Del Príncipe En La Ópera Marc' Antonio Y Lamodista Por La Sª Benita Moreno, Primera Cantatriz En Dicho Teatro". Open Music Library. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  9. Boïlls, Juan B. Cuatro palabras para un libro. Cuadernos artesanos, 27. Anexo: Edición crítica. 
  10. Soriano Fuertes, Mariano (1856). Historia de la música española desde la venida de los fenicios hasta el año de 1850 (en castelán) IV. p. 280. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]