Kátorga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prisioneiros na kátorga de Sakhalín. Foto da Illa de Sakhalín de Anton Chekhov.

A Kátorga (ка́торга, do grego: katergon, galera, ou do tártaro: katargá, morrerse) era un sistema penal na Rusia Imperial, instaurado no século XVII. Os prisioneiros eran enviados a campos nas vastas áreas deshabitadas de Siberia e sometidos a un réxime de traballos forzados. Tras a caída do tsarismo e a Revolución de Outubro de 1917, o sistema foi mantivo polos bolxeviques co Gulag até a súa abolición en 1960.[1]

A diferenza dos campos de concentración, a kátorga formaba parte do poder xudicial do Imperio Ruso. Con todo, ambos compartían os mesmos trazos principais: confinamento, instalacións moi simples (no que difiren das prisións) e traballos forzados, usualmente traballos pesados que requiren pouca ou moi pouca habilidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Adeus a Europa, de Aleksander Sochaczewski. Prisioneiros do levantamento dos exiliados políticos polacos en Siberia

As kátorgas foron estabelecidas en áreas practicamente despoboadas de Siberia e o Extremo Oriente ruso, onde había poucas poboacións e escaseaba a comida. Con todo, houbo algúns prisioneiros que lograron escapar. Desde entón, Siberia adquiriu a súa temíbel connotación do castigo. Esta foi reforzada posteriormente co sistema do Gulag na Unión Soviética, inspirado na kátorga e estendido ao Extremo Norte ruso. A vida nos campos desenvolvíase en condicións de extrema precariedade. Os prisioneiros traballaban en xornadas extenuantes de máis de 19 horas diarias, sen bebida, calefacción nin alimento por días, e moitos deles morrían en poucos meses. O réxime tsarista condenaba á kátorga a intelectuais de esquerda e comunistas, e chegou a contar con 280 000 prisioneiros en 1905. En vésperas da Revolución Rusa de 1917, este sistema albergaba aproximadamente 150 000 recluídos.[2]

As ocupacións máis comúns eran traballos de minaría e construción. Un exemplo notable é o Camiño de carros do Amur (ruso: Амурская колёсная дорога).

Anton Chekhov, escritor e dramaturgo ruso, visitou as instalacións dunha kátorga en 1891 na illa de Sakhalin, no Extremo Oriente ruso, e escribiu acerca dela no seu libro Illa de Sakhalin. Criticaba a incompetencia dos oficiais, que orixinara un baixo nivel de vida dos presos, ademais do desperdicio dos fondos do goberno e a pobre produtividade.

Piotr Kropotkin, mentres foi axudante de campo do gobernador de Transbaikalia, estivo a cargo de inspeccionar o estado das prisións da área. Posteriormente describiu os seus descubrimentos no libro En prisións rusas e francesas.

Influencias[editar | editar a fonte]

  • En 1901, seguindo o sistema ruso, o Reino Unido copiou o sistema de traballos forzados, e cuñou o termo «campo de concentración» durante a guerra anglo-bóer en Suráfrica. A alimentación insuficiente e a hixiene deplorábel favoreceron a aparición de enfermidades contaxiosas, como xarampón, tifo ou disentería. Isto, unido á falta de atención médica adecuada, causou unha gran mortalidade. Creáronse 45 campos para bóeres e 64 para africanos negros, onde eran enviados anciáns, mulleres e nenos.
  • Prusia adoptou unha política idéntica fronte unha insurrección local na África suroccidental alemá en 1904, os Konzentrationslagern, que tamén incluían traballos forzosos.

Cativos famosos en kátorgas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Memorial http://www.memo.ru/history/NKVD/GULAG/r1/r1-4.htm
  2. Daly, Jonathan W. Autocracy under Siege: Security Police and Opposition in Russia, 1866–1905 (1998).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]