Saltar ao contido

Fealdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A duquesa laida, do pintor Quentin Massys, 1525–1530.

A fealdade[1] é unha característica o máis ben unha percepción dun ser vivo ou inanimado, cuxa aparencia é visualmente desagradábel e resulta nunha avaliación desfavorábel.

Un ser feo ou laido é un ser non atraente, mais si repulsivo, ou até mesmo ofensivo, aos que comparten ou non dos mesmos valores culturais.[2] O seu oposto é a beleza, beldade ou fermosura, e así como esta, a fealdade envolve un xuízo subxectivo a través dos "ollos de quen ve", podendo variar de padróns, e dependendo da cultura de cada un. Contodo, pode haber excepcións persoais: "quen ama o feo, bonito lle parece".[3] Así, a percepción da fealdade pode adquirir un carácter moi variábel, como no conto de fadas O parrulo feo de Hans Christian Andersen.

As persoas desprovistas de agrado a quen ve, adoitan ser máis discriminadas, recibindo mesmo salarios dun 10% ou 15% menos ca os traballadores considerados guapos, e incluso son menos propensas a seren contratadas. Existe falta de recursos legais para combater a discriminación.[4]

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1928666&sinom=0 |título=Definición e nome galego no Portal das palabras da [[RAG |data-acceso=04 de febreiro de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160324033129/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1928666&sinom=0 |dataarquivo=24 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}
  2. Webster's New World College Dictionary, 3rd edition, 1995.
  3. "Feiúra e beleza dividem gosto fantasioso da sociedade na história da cultura". Folha.com. 22/11/2010. Consultado o 28/10/2012. 
  4. Hamermesh, Daniel (27 de agosto de 2011). "Ugly? You May Have a Case". The New York Times. Consultado o 28 de agosto de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]