Beatrix Potter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatrix Potter

(1913) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Helen Beatrix Potter Editar o valor em Wikidata
28 de xullo de 1866 Editar o valor em Wikidata
West Brompton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1943 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Near Sawrey, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido
Londres Editar o valor em Wikidata
Educacióngovernança (pt) Traducir (1905–1913) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconservacionista (pt) Traducir (1902–1943), ilustrador científico , botánica , novelista , micóloga , pintora , escritora de literatura infantil , ilustradora , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1886 Editar o valor em Wikidata - 1942 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoConto de fadas Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeWilliam Heelis (1913–) Editar o valor em Wikidata
ParellaNorman Warne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRupert Potter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Helen Leech (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsWalter Bertram Potter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webpeterrabbit.co.uk… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0693229 Bitraga: 1036 Musicbrainz: d5d2b92e-d31a-4a13-bf60-02b0cfa5b1dc Discogs: 1034839 WikiTree: Potter-3292 Find a Grave: 3478 Editar o valor em Wikidata
Beatrix Potter de nena

Helen Beatrix Potter, nada en Londres o 28 de xullo de 1866 e finada en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943, foi unha escritora, ilustradora, fabulista de literatura infantil[1] e naturalista inglesa. O seu personaxe máis famoso é Peter Rabbit.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Potter, Rupert Potter, era avogado, aínda que pasaba a maior parte do seu tempo en clubs de cabaleiros, sen exercer a profesión.[2] A súa nai dedicábase a facer e recibir visitas.[3] Ambos os proxenitores eran entendidos en arte[4] e vivían das herdanzas das súas respectivas familias.[5][6] Beatrix e o seu irmán Bertam foron educados por neneiras e institutrices.[7][8] Cando medrou, os seus pais, encargárona do fogar, dificultando o seu desenvolvemento intelectual.[9] Un tío seu intentou que ingresase como estudante no Real Xardín Botánico de Kew, mais foi rexeitada por ser muller.

Animárona a publicar o seu relato The Tale of Peter Rabbit, mais tivo que loitar para atopar un editor ata que por fin foi aceptado en 1902. O libro e as obras que o seguiron foron moi ben recibidos e comezou a obter uns ingresos propios das súas vendas. Potter relacionouse sentimentalmente co seu editor, Norman Warne, aínda que o mantiveron en segredo porque os seus pais eran contrarios a que casase con calquera que precisase traballar para vivir. Warne faleceu de leucemia antes de que puidesen prometerse, o que agrandou a fenda que a separaba dos seus pais.

A base para os seus proxectos foron os pequenos animais que introducía furtivamente na casa ou que vía durante as vacacións familiares en Lake District ou en Escocia.[7][10] Aos 47 anos, Beatrix Potter casou co seu avogado, William Heelis, co que non tivo fillos.

Potter escribiu vinte e tres libros, que foron publicados en pequeno formato, doado de manexar e ler polos nenos. Deixou de escribir arredor de 1920 debido á súa mala visión, aínda que a súa última obra, The Tale of Little Pig Robinson, foi publicada en 1930.

Nos seus últimos anos dedicouse a unha granxa de ovellas que adquirira en Lake District; gustáballe a paisaxe e coas regalías que procedían dos seus libros, xunto coa herdanza dos seus pais, adquiriu grandes parcelas de terra, que logo herdou o National Trust.[11] Faleceu en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943.

Obras[editar | editar a fonte]

Os vinte e tres contos
  1. The Tale of Peter Rabbit (1902)
  2. The Tale of Squirrel Nutkin (1903)
  3. The Tailor of Gloucester (1903)
  4. The Tale of Benjamin Bunny (1904)
  5. The Tale of Two Bad Mice (1904)
  6. The Tale of Mrs. Tiggy-Winkle (1905)
  7. The Tale of the Pie and the Patty-Pan (1905)
  8. The Tale of Mr. Jeremy Fisher (1906)
  9. The Story of a Fierce Bad Rabbit (1906)
  10. The Story of Miss Moppet (1906)
  11. The Tale of Tom Kitten (1907)
  12. The Tale of Jemima Puddle-Duck (1908)
  13. The Tale of Samuel Whiskers or, The Roly-Poly Pudding (1908)
  14. The Tale of the Flopsy Bunnies (1909)
  15. The Tale of Ginger and Pickles (1909)
  16. The Tale of Mrs. Tittlemouse (1910)
  17. The Tale of Timmy Tiptoes (1911)
  18. The Tale of Mr. Tod (1912)
  19. The Tale of Pigling Bland (1913)
  20. Appley Dapply's Nursery Rhymes (1917)
  21. The Tale of Johnny Town-Mouse (1918)
  22. Cecily Parsley's Nursery Rhymes (1922)
  23. The Tale of Little Pig Robinson (1930)
Outros libros
  1. Peter Rabbit's Painting Book (1911)
  2. Tom Kitten's Painting Book (1917)
  3. Jemima Puddle-Duck's Painting Book (1925)
  4. Peter Rabbit's Almanac for 1929 (1928)
  5. The Fairy Caravan (1929)
  6. Sister Anne (ilustrado por Katharine Sturges) (1932)
  7. Wag-by-Wall (decorado por J. J. Lankes) (1944)
  8. The Tale of the Faithful Dove (ilustrado por Marie Angel) (1955, 1970)
  9. The Sly Old Cat (escrito en 1906; publicado por primeira vez en 1971)
  10. The Tale of Tuppenny (ilustrado por Marie Angel) (1973)
  11. The Tale of Kitty-in-Boots (ilustrado por Quentin Blake) (2016)[12]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

En 1971 estreouse o ballet The Tales of Beatrix Potter, dirixido por Reginald Mills, con música de John Lanchbery con coreografía de Frederick Ashton, e interpretado por primeira vez polo Royal Ballet e a orquestra da Royal Opera House.

En 1982, a BBC produciu The Tale of Beatrix Potter. Esta dramatización da vida de Potter foi escrita por John Hawkesworth, dirixida por Bill Hayes, e protagonizada por Holly Aird e Penelope Wilton como Beatriz de moza e de adulta, respectivamente. The World of Peter Rabbit and Friends, serie de televisión protagonizada por Niamh Cusack como Beatrix Potter, foi estreada en VHS.

En 2006, Chris Noonan dirixiu Miss Potter, filme biográfico da vida de Potter centrándose nos inicios da súa carreira e na súa relación co seu editor Norman Warne. Está protagonizado por Renée Zellweger, Ewan McGregor e Emily Watson.

O 9 de febreiro de 2018, Columbia Pictures estreou Peter Rabbit, dirixido por Will Gluck, baseado na obra de Potter.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lear 2007, p. 31, pp. 37-44, p. 458.
  2. Lear 2007, pp. 10-14.
  3. Lear 2007, pp. 13-24.
  4. Lear 2007, p. 21.
  5. Lear 2007, pp. 35-36.
  6. Rupert Potter foi membro da Photographic Society, máis tarde Royal Photographic Society de 1869 a 1912. Información de Michael Pritchard, Director-Xeral/ www.rps.org Arquivado 02 de abril de 2014 en Wayback Machine., 13 de maio de 2014.
  7. 7,0 7,1 Walker, Tim (22 de xullo de 2014). "Mandrake-The Duchess of Cambridge is related to Beatrix Potter, who once gave the Middleton family her own original hand-painted illustrations". Daily Telegraph (Reino Unido). p. 8. Consultado o 16 de agosto de 2014. 
  8. Lear 2007, p. 55
  9. Taylor, Judy (1996). "Beatrix Potter – Artist, Storyteller and Countrywoman". Frederick Warne. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  10. Evening Mail, NW (21 de xullo de 2014). "Cumbria author Beatrix Potter link to Prince George revealed". North-West Evening Mail. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2014. 
  11. Taylor, Artist, Storyteller, pp. 59-61; Elizabeth E. Battrick, (1999) Beatrix Potter: The Unknown Years; Lynn Barber, (1980) The Heyday of Natural History, Brian Gardiner, "Breatrix Potter’s Fossils and Her Interests in Geology", The Linnean, 16/1 (xaneiro de 2000), 31–-7; Lear 2007, p. 76-103; Potter, Journal, 1891–1897.
  12. "Beatrix Potter story Kitty-in-Boots discovered after 100 years". BBC News (BBC). 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]