Saltar ao contido

Peter Rabbit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Rabbit
Imaxe
Obra
 Universo ficticio
 Creador/a
 Actor de dobraxe
Biografía
 Sexo
Familia
 Nai
 Pai
 Parente
Códigos e identificadores
VIAF315598831 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02zd0l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Facebook: officialpeterrabbit Youtube: UCngkVoq8aayyK6qX9JJitRg Musicbrainz: f6bfbd71-e2ea-4715-93e9-960f6b853bd3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Peter Rabbit é un personaxe de animal ficticio que protagoniza moitos contos infantís de Beatrix Potter. Peter era diferente do heroe tradicional daquela época, sendo pequeno, emotivo, facilmente asustadizo e un animal non moi sabio.[1]

Apareceu por primeira vez en The Tale of Peter Rabbit en 1902. Non ten versións en galego; foi traducido ao portugués como A História de Pedro Coelho, tamén traducido como A História do Coelho Pedro[2] ou A história do Pedrito Coelho[3] e foi publicado en castelán en España como El cuento de Perico el conejo travieso e en América como El cuento de Pedrito Conejo.[4]

Despois diso, saíu en cinco libros máis entre 1904 e 1912.

Boeing coa publicidade en alemán do filme (Peter Hase, orixinalmente en inglés Peter Rabbit).

Potter fixo un boneco suave de peluche con forma de Peter Rabbit, e pronto pratos e papeis de parede comezaron a mostrar imaxes del. Aparece como personaxe na película de ballet de 1971, The Tales of Beatrix Potter[5] e na serie da BBC The World of Peter Rabbit and Friends.[6]

Inspirouse no coello de Potter, Peter Piper. Nas historias, viste roupa humana e anda de pé. A súa nai é a señora Josephine Rabbit e ten tres irmás, Flopsy, Mopsy e Cotton-tail. A súa popularidade fixo que Potter dixese en 1917: "Agora todos os coellos se chaman Peter", e engadiu "ou Peter ou Brer Rabbit".[7]

En 2018, estreouse unha película de animación con James Corden dando voz a Peter Rabbit.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]