Barcala, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Barcala | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Barcala. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°55′55″N 8°45′58″O / 42.932, -8.7662 |
Área | 3,75 km² |
Poboación | 182 hab. (2016) |
Densidade | 48,53 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Barcala[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñes da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 182 habitantes (92 mulleres e 90 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.
Na aldea de Arzón naceu Avelino Pousa Antelo o 14 de maio de 1914, coñecido na parroquia coma Lucho do Peto.
Historia
[editar | editar a fonte]Na parroquia quedan restos do Neolítico e como mostra a existencia do grupo de seis mámoas de Pedra Alba, o grupo de dúas mámoas do Alto de Emes e a pedrafita de Pedra Alba, de 86 cm de altura, situada nun camiño tradicional.[2]
Foi parroquia desde moi antigo, ata que no 1668 pasou a depender de Ordoeste.
Escola de Cuba
[editar | editar a fonte]A escola de San Xoán construíuse grazas ás contribucións dos emigrantes galegos en Cuba. A sociedade promotora foi a Unión Barcalesa. Esta sociedade foi a mesma que promoveu as escolas de Covas e Aro.
O 23 de xuño de 1995 pasou a ser da Asociación de veciños A Barcalesa.
A primeira concentración de Galicia
[editar | editar a fonte]O 5 de setembro de 1958, Francisco Franco entregoulle os 263 títulos das leiras de reemprazo aos propietarios das terras concentradas en San Xoán de Barcala e Santa María de Covas. Esta concentración abarcou 177 hectáreas, cuxo custo detallado foi:[3]
Actuación | Custo en pesetas |
---|---|
Camiño San Xoán - A Baña | 450.000 |
Camiño Cores a estrada de Negreira - Muxía | 370.000 |
Regadío do río Barcala | 135.000 |
Ampliación regadío río Barcala | 46.000 |
Saneamento entre Lameiro e Padín | 40.000 |
Regularización da canle do rego de Seoane | 40.000 |
Saneamento de Emes | 36.000 |
Rectificación camiño Seoane a ponte Albariña | 11.000 |
Rectificación do regato de Piacelo | 4.000 |
Total | 1.132.000 |
O número de parcelas concentradas foi de 2.486 e as de reemprazo foron 537.
Arquitectura popular
[editar | editar a fonte]Casa de Cores
[editar | editar a fonte]Construído no século XVII, conta cunha edificación principal constituída pola casa señorial, as dependencias do persoal de servizo e unha capela privada. Na entrada de servizo encóntranse dous hórreos, de 10 e 7 claros.
Fóra do recinto amurallado, hai un dos carballos máis grandes de Galicia.[4]
Muíños
[editar | editar a fonte]- Muíño de Cores, de Andrés Bermúdez de Leis, que moía todo o ano con auga de Ponte Albariña.[3]
- Santa Lucía, de Felipe Lueiro e consortes.[3]
- Rodo, de Pascual López (párroco), que moía tres meses coa auga da Fonte de Santa Lucía.[3]
Pombais
[editar | editar a fonte]- Pombal de 12 pares, de Andrés Bermúdez[3]
Festas
[editar | editar a fonte]- 1º domingo de xaneiro: San Manuel
- 23 de maio: Os Milagres
- 3º domingo de xuño: San Hadrián
- 31 de decembro: San Xoán
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Barcala
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Barcala no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Arzón | Cores | Emes | O Lameiro | Moldes | Pao de Raposo | A Pereira | A Revoltiña | Seoane | A Torre |
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.
- ↑ "Carballo de Cores".