AD Xiria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Deportiva Xiria é un club polideportivo da cidade de Carballo, A Coruña (Galiza) que conta na actualidade con equipos federados de balonmán, baloncesto, xadrez e voleibol. Fundada en 1983 tamén contou con seccións de atletismo e tenis de mesa, que finalmente acabarían por desaparecer.[1]

O primeiro deporte federado da asociación foi o voleibol, presentándose cun equipo en categoría infantil masculina que chagou disputar o Campionato de España ese mesmo ano. Posteriormente foron aparecendo novas seccións, das que algunhas desapareceron e outras foron medrando no seu número de equipos e nivel deportivo, o que levou á asociación a separar as partidas económicas e que cada unha delas se autoxestionara.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "O Club". Balonmán Xiria. Consultado o 23 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]