Azolla japonica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Azolla japonica
Azolla japonica.JPG
Azolla japonica
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Salviniales
Familia: Salviniaceae
Xénero: Azolla
Especie: A. japonica
Nome binomial
Azolla japonica
Franch. & Sav., 1877
Sinonimia
Véxase o texto

Azolla japonica é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das salviniáceas, unha das sete comprendidas no xénero Azolla.[1]

É un pequeno fieito acuático flotante orixinario do Xapón.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1810 polos botánicos franceses Adrien René Franchet e Ludovic Savatier no seu traballo Enumeratio Plantarum in Japonia Sponte Crescentium ... 2 (1): 195. 1877.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Azolla.

O epíteto específico, japonica é un termo do latín científico que se significa "do Xapón", xa que unicamente se loaliza nunha pequena rexión deste país. É o feminino de japonicus, "xapononés", de Japonia, "Xapón".[4]

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).[5][6] Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,[7] e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das .

Estudos recentes demostraron que hai polo menos dous tipos nos tipos de A. japonica. Un deles non se distingue da especie tipo do xénero, A. filiculoides, que se distribúe nunha zona moi pequna (de aí a sinonimia que vemos máis abaixo), Polo tanto, a posición taxonómica destas especies precisa máis estudos.[8]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo Azolla filiculoides subsp. filiculoides.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Azolla japonica é un pequeno fieito flotante heterospórico, de 2,5 cm de lonxitude. As frondes son poligonais ou triangulares. Os esporófitos teñen frondes bolobulados e rizomas longos. O lóbulo inferior das frondes é usualmente máis grande que o superior, e permítelle á flotar; os lóbulos inferiores están en contacto coa auga. É unha planta de cor verde escura a avermellada que flota individualmente ou en matas, neste último caso formando 'alfombras' dun espesor de até 20 cm. Fai simbiose coa cianobacteria fixadora de nitróxeno Anabaena azollae. Cando as plantas se expoñen a luz solar forte toman unha coloración vermella, pero á sombra permanecen verdes.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Azolla Lam. en World Flora Online. Consultado o 31 de marzo de 2021.
  2. 2,0 2,1 Azolla japonica Franch. & Sav. no GBIF. Consultado o 31 de marzo de 2021.
  3. "Azolla japonica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de marzo de 20214. 
  4. japonica no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Salviniales no ITIS. Consultado o 31 de marzo de 2021.
  6. Azollaceae en floravascular.com
  7. Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS.
  8. About A. japonica en Azolla News.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • C. van Hove & A. Lejeune (2002): "The AzollaAnabaena Symbiosis". Biology and Environnment, en Proceedings of The Royal Irish Academy 102B (1): 23–26. (Texto competo en PDF).
  • Iwao Watanabe, Manami Sawamoto, Akiko Nakagana, Yasuo Kowayama & Takeshi Suzuki (1999): "Diversity of Azolla japonica in Japan, analyzed by random amplified polymorphic DNA". Journal of Japanese Botany 74 {3): 142-149.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]