Azazel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azazel, no Dictionnaire Infernal, de Jacques Collin de Plancy.

Azazel (en hebreo: עֲזָאֵל, עֻזׇאֵל, עוזיאל; en árabe: عزازيل) é, segundo o Libro de Enoc, un anxo caído. Na Biblia, o nome Azazel está asociado co rito da expiación; o nome representa un lugar desolado onde foi enviado un chivo expiatorio a que sufrise os pecados dos xudeus durante o Yom Kippur. Un bode era sacrificado para o Creador e outro era destinado a Azazel, sendo este último animal encamiñado para morrer no deserto levando consigo os pecados do pobo.[1][2][3] Azazel tamén é comunmente coñecido como o responsábel do pecado da Ira entre os Sete Príncipes do Inferno (que corresponden cos sete pecados capitais). Durante o período do Segundo Templo, aparece como un anxo caído responsable de introducir ós humanos coñecementos prohibidos. O seu papel como anxo caído tamén está presente en parte das tradicións cristiá e musulmá.

Monte Azazel (Jabel Munttar) no deserto de Xudea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Steinberg, Paul; Potter, Janet Greenstein (2007). Jewish Publication Society, ed. Celebrating the Jewish Year: The fall holidays, Rosh Hashanah, Yom Kippur, Sukkot (en inglés) 1. Filadelfia. p. 68. 
  2. Oesterley, William Oscar Emil; Robinson, Theodore (2003). Hebrew Religion: Its origin and development (en inglés). Montana: Kessinger. p. 66. ISBN 0-7661-3866-6. 
  3. Cohn-Sherbok, Dan (2003). Breve enciclopedia del judaísmo (en castelán). Madrid: Istmo. p. 56. ISBN 84-7090-408-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Coogan, Michael; Metzger, Bruce (2002). Dicionário da Bíblia: as pessoas e os lugares (en portugués). Río de Xaneiro: Zahar. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.