Azrael

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Azrael (en hebreo: עזראל), tamén coñecido como Azriel (hebreo: עזריאל),[1] é un anxo das relixións abrahámicas, que ten por misión recibir as almas dos mortos e conducilas para que sexan xulgadas, razón pola que é considerado na relixión hebrea coma o anxo da morte.[2]

O vocábulo hebreo, Azrael é a forma que aparece no Dicionario Chambers, tradúcese como "Axuda de Deus" ou "Aquel a quen Deus axuda".[2] O Corán refírese a un "مَلَكُ المَوْتِ" (Malak Al-Mawt oo "anxo da morte") que se corresponde co termo hebreo Malach ha-Mawet, na literatura rabínica. A tradición árabe-islámica adopta o nome, no alfabeto árabe como ʿAzrāʾīl (en árabe: عزرائيل‎).

Pero non é retratado dun xeito negativo ou que busca facer mal ás persoas. De feito, a Biblia non menciona o nome en referencia a un anxo mais a persoas; como ente sobrenatural, o nome aparece basicamente na literatura rabínica e da cábala e, despois, en textos esotéricos doutras denominacións, sendo mellor desenvolvido a personaxe durante a Idade media.[3][4][5]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Dependendo das perspectivas e preceptos das diversas relixións nas que se representa, adoita aparecer residindo no Terceiro Ceo.[6] Nunha descrición, ten catro caras e catro mil ás, e todo o seu corpo consiste en linguas e ollos cuxo número se corresponde co número de persoas que habitan na Terra. El será o derradeiro en morrer, rexistando e borrando constantemente nun gran libro os nomes dos homes ao nacer e aos morrer.[7]

Presenza en diferentes relixións[editar | editar a fonte]

No xudaísmo[editar | editar a fonte]

No misticismo xudeu, é coñecido como "Azriel" (hebreo bíblico : עזריאל), non "Azrael". O Zohar , un libro sagrado da tradición mística xudía da Cábala , presenta unha representación positiva de Azriel. Está asociado co sur sendo considerado un comandante de alto rango entre os anxos de Deus.

No cristianismo[editar | editar a fonte]

Non hai referencias a Azrael na Biblia, e no cristianismo non é considerada nin canónica nin non canónica. Porén, unha historia en 2 Esdras (un libro non considerado canónico polas igrexas católica, protestante e a maior parte da ortodoxa) que é parte dos libros apócrifos, ten a historia dun escriba e xuíz chamado Ezra (que non debe ser confundido coa figura bíblica Ezra), tamén ás veces escrito "Azra" en diferentes idiomas. Azra foi visitado polo arcanxo Uriel que lle deu unha lista de leis e castigos que debía cumprir e aplicar como xuíz sobre o seu pobo.

Azra foi máis tarde rexistrado nos Apócrifos como quen entrou no Ceo "sen proba-la mancha da morte". Dependendo de varios puntos de vista relixiosos cristiáns, podería tomarse como Ezra que ascendeu ao estado anxélico. Isto agregaría o sufixo "el" ao seu nome, que denota un ser celestial (por exemplo: Miguel, Rafael, Uriel). Polo tanto, sería Ezrael/Azrael. Os libros posteriores tamén mencionan a un escriba chamado Salathiel, quen foi citado dicindo: "Eu, Salathiel, que tamén é Ezra".

No Islam[editar | editar a fonte]

Xunto con Jibrail, Mīkhā'īl e Israfil, o anxo da morte, chamado Azrail (عزرائيل‎) ten para os musulmáns a categoría de arcanxo. El e mailos seus anxos subordinados son responsables de separar e colle-la alma do corpo do difunto. Azrail non actúa independientemente de Deus senón que colle as almas que lle ordena que colla. Nas fontes islámicas, é descrito como subordinado á vontade de Deus "coa máis profunda reverencia".

Varias tradicións musulmás contan as reunións entre o Anxo da Morte e os profetas, sendo a máis famosa unha conversa entre el e máis Moisés. Nunha narración islámica, o profeta Idris fíxose amigo do anxo da morte e ofreceulle comida, polo que lle revelou a súa esencia non humana porque como anxo, non come. Posteriormente, o anxo amosoulle a Idris os ceos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guiley, Rosemary E. (2004). The encyclopedia of angels (2ª ed.). New York: Checkmark Books. ISBN 9780816050246. 
  2. 2,0 2,1 Davidson (1972); p. 64-65
  3. Grzich, Mirna (2012). Anjos (en portugués). São Paulo: Leya. 
  4. "Azrael Arcángel" (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  5. "I segni dell'arcangelo Azrael" (en italiano). 18 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  6. Davidson (1967); p.288
  7. Hastings (2003); p. 617

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Davidson, Gustav (1967). A Dictionary of Angels Including the Fallen Angels. London:Simon Schuster Trade. ISBN 978-0029070505
  • Hastings, James; Selbie, John A. (2003), Encyclopedia of Religion and Ethics Part 3. Whitefish (Montana: USA): Kessinger Publishing. ISBN 0-7661-3671-X

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.