Aurora Vidal Martínez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de agosto de 1910 Pontevedra, España |
| Morte | 10 de maio de 2005 Pontevedra, España |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | profesora, escritora |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Xoán Vidal Martínez |
| Sitio web | auroravidal.com |
- Non confundir con Aurora Martínez Vidal (Ourense 1944), adestradora.
Aurora Vidal Martínez, nada en Pontevedra o 28 de agosto de 1910 e finada na mesma cidade o 10 de maio de 2005[1], foi unha mestra e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Logo de graduarse en 1931 exerceu nas Illas Canarias, a provincia de Castelló e Galicia.
Colaborou nas revistas Vida Gallega e Sonata Gallega. En 1949 impulsou o grupo Teatro Experimental de Arte, do que foi directora. En 1952 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega[2] a proposta de Leandro Carré Alvarellos, Antonio Couceiro Freijomil e Francisco Vales Villamarín.
Foi irmá do tamén escritor Xoán Vidal Martínez. En 1953 casou en Salcedo co mestre e pintor Marcial Pantín Folgar[3].

Obra
[editar | editar a fonte]- Camino de Belén (romance pastoril, 1946; ilustracións de Manuel Torres)
- Sonetos Líricos (poesía, 1948)
- Cartas de Amor (narrativa, 1950)
- Mensaje de Otoño (narrativa, 1951)
- Poemas de nenos e paxariños (poesía, 1958)
- El divino caminante (teatro, 2010; escrita en 1949 e estreada en 1987)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece la escritora y académica pontevedresa Aurora Vidal Martínez". La Voz de Galicia. 11 de maio de 2005.
- ↑ "Asorey ha sido nombrado académico de la Real Gallega". El Correo Gallego. 6 de maio de 1952.
- ↑ "Bodas distinguidas". La hoja del lunes. 23 de novembro de 1953.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VIDAL MARTÍNEZ, Aurora". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 503.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aurora Vidal Martínez páxina web
- "Aurora Vidal Martínez". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Aurora Vidal Martínez Arquivado 22 de marzo de 2023 en Wayback Machine., Do gris ao violeta.