Aurobindo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurobindo
Sri aurobindo.jpg
Nome completoঅরবিন্দ ঘোষ
Nacemento15 de agosto de 1872
Lugar de nacementoSri Aurobindo Bhawan
Falecemento5 de decembro de 1950
Lugar de falecementoPondicherry
NacionalidadeRaj Británico, India e Domínio da Índia
RelixiónHinduísmo
Alma máterSt Paul's School, King's College e Loreto Convent
Ocupaciónlingüista, poeta, tradutor, filósofo, ensaísta, escritor, crítico literario, catedrático, político, funcionario, revolucionario e iogue
FillosManmohan Ghose
IrmánsBarindra Kumar Ghosh
Coñecido porSavitri, The Life Divine, The Synthesis of Yoga, The Mother With Letters on the Mother, The Secret of the Veda e Isha Upanishad
Na rede
http://www.sriaurobindoashram.org
WikiTree: Ghose-3
Sri-Aurobindo-Signature-Transparent.png
editar datos en Wikidata ]
rahmenlos

Sri Aurobindo, nado en Calcuta o 15 de agosto de 1872 e finado en Pondicherry o 5 de decembro de 1950, nado co nome de Aurobindo Ghosh ou Ghose, foi un nacionalista indio, filósofo, mestre espiritual e poeta[1][2]. Uniuse ao movemento nacional indio, e foi, durante un tempo, un dos seus máis afamados e radicais líderes[3], antes de desenvolver a súa propia visión do progreso humano e o desenvolvemento individual.

O tema central da visión de Aurobindo era a evolución da vida humana cara a vida divina; escribiu: "O home é unha criatura de transición. Non é un fin en si mesmo. O paso do home ao superhome será o vindeiro logro da evolución mundial. É inevitable xa que é, ao tempo, a intención do espírito interno e a lóxica do proceso natural".[4] Deste xeito Aurobindo artella un sistema dialéctico da salvación non só para o individuo, senón para a humanidade no seu conxunto.

Obra[editar | editar a fonte]

O volume de traballos de Sri Aurobindo (Collected Works of Sri Aurobindo), é unha síntese de filosofía occidental e oriental, relixión, literatura, e psicoloxía. Aurobindo foi o primeiro indio que creou un corpus literario completo en inglés.[5] Os seus traballos abranguen filosofía, poesía, traducións e comentarios sobre os Vedas, os Upanishads e o Gita, pezas de teatro, crítica social, literaria, política e histórica, obras devocionais e tres volumes de obra epistolar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ghose A., McDermott, R.A. - Essential Aurobindo, SteinerBooks (1994) ISBN 0-940262-22-3.
  2. Heehs, P., The Lives of Sri Aurobindo, 2008, New York: Columbia University Press ISBN 978-0-231-14098-0
  3. The lives of Sri Aurobindo, Peter Heehs, ISBN 0-231-14098-3, Introduction
  4. The Hour of God, Sri Aurobindo, Sri Aurobindo Ashram Publications Department (2006), ISBN 978-81-7058-834-4
  5. Arvind Krishna Mehrotra, A history of Indian literature in English 116 [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]