Miguel Carlos Vidal
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de setembro de 1927 Ferrol |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, escritor |
Miguel Carlos Vidal, nado en Ferrol o 29 de setembro de 1927, é un avogado e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado, fundou en Ferrol o despacho que leva o seu nome. Fundou e dirixiu a revista de poesía e crítica literaria Aturuxo en 1952 xunto con Tomás Barros [1] e Mario Couceiro. En 1953 publicou o seu primeiro poemario, Orvallo (1949-1950), na Colección Xistral.[2] En 2002 publicou Ayer en que te dices, na editorial Follas Novas. En 2017 publicouse o poemario El cuarto, la tarde, las rosas...(y otros símbolos) (Follas Novas). En 2020 apareceu unha antoloxía da súa poesía[3]. O número 36 da revista Ferrol Análisis rendeulle tributo, que se completou no acto de lanzamento da revista en xaneiro de 2026.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Noche, 13-9-1952, p. 3.
- ↑ La Noche, 21-7-1953, p. 6.
- ↑ Follas Novas reúne la poesía de Miguel Carlos Vidal en una antología
- ↑ "FerrolAnálisis homenajea a Carlos Vidal, el poeta discreto detrás de Aturuxo". Diario de Ferrol (en castelán). 2026-01-13. Consultado o 2026-01-16.
- ↑ Miguel Carlos Vidal: «Siempre estoy lleno de dudas»
- ↑ Luz de otoño, en las palabras de Miguel Carlos Vidal