Pazo de Vilardefrancos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pazo de Vilardefrancos
Fachada Pazo Vilardefrancos 2.jpg
ConcelloCarballo
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(románico)
Estilo actual(século XVI)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia

O Pazo de Vilardefrancos é unha casa solariega localizada na parroquia de Artes, no concello de Carballo (A Coruña). O edificio data do século XVI e mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Actualmente é de propiedade privada e non é visitable.

O edificio principal do pazo está coroado por unha torre defensiva que se remonta á época dos Reis Católicos; érguese como fortaleza para presidir unha encrucillada de vales, bosques e xardíns. O edificio ten planta aproximadamente rectangular formada por un engadido de dependencias á torre central, e está arrodeado por unha muralla amenada que garda as zonas axardinadas e agrícolas. O pazo conta tamén con alpendres, cortes, hórreo e outras dependencias. Preto do pazo podemos atopar un espectacular exemplar de carballo duns 700 anos de antigüidade coñecido como o Carballo de Santo Antonio, no que segundo din, as rapazas que conseguen introducir unha pedra dentro da árbore tirándoa de costas casan nese mesmo ano.