Arsen Aydinian
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xaneiro de 1825 (Xuliano) Istanbul, Turquía |
| Morte | 8 de xullo de 1902 (Xuliano) Mauer, Alemaña |
| Bispo titular | |
| 15 de marzo de 1887 – Diocese: Salamis (en) | |
| General abbot of the Mekhitarist Monastery of Vienna (en) | |
| 15 de marzo de 1887 – 21 de xullo de 1902 ← Wartan Joseph Estegar – Gregor von Govrik → | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Viena (1835–) |
| Grupo étnico | Pobo armenio |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Mekhitarist Monastery of Vienna (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1887–), filólogo, lingüista |
| Empregador | Handes Amsorya (en) |
| Orde relixiosa | Congregación Mequitarista |
| Consagración | Estevo Pedro X Azarean |
| Descrito pola fonte | Armenian Concise Encyclopedia, (vol:1, p.352) Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.352) |
Arsen Aydinian, nado o 19 de xaneiro de 1825 en Istanbul (Imperio Otomán) e finado o 21 de xullo de 1902 en Viena (Imperio Austrohúngaro), foi un sacerdote armenio católico, lingüista, gramático, e mestre en dez linguas.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arsen Aydinian contribuíu de forma significativa á obra lingüística e gramática armenias. Formou parte da Congregación Mequitarista, e era coñecedor de varias linguas clásicas e modernas. Foi abade xeral do mosteiro mequitarista de Viena, entre outros encargos. En 1887 foi o principal impulsor da creación do xornal Հանդէս ամսօրեայ (Handes Amsoreay), onde publicou moitos artigos arredor da lingüística.[1][3]
Con todo, o seu logro máis grande de foi a gramática publicada en 1866, Քննական քերականութիւն աշխարհաբար կամ արդի հայերէն լեզուի (en galego, Gramática crítica da lingua armenia moderna ou vernácula), o cal fica un logro altamente importante da lingüística armenia hoxe en día.[1] Este libro foi especialmente significativo debido ao feito de que os armenios no seu conxunto pedían o uso dunha forma máis vernácula da lingua na literatura e nas artes. Isto supuxo unha revolución dado que o armenio clásico era a lingua asociada normalmente co sacerdocio e coa alta sociedade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Delisle, Jean; Woodworth, Judith. "Mesrop Mashtots and the flowering of Armenian culture". dictionnaires-machtotz.org. (derradeira actualización 5 de agosto de 2022). Consultado o 27/09/2012.
- ↑ Kurkjian, Vahan M. (2008). A History of Armenia (en inglés). IndoEuropeanPublishing.com. ISBN 9781604440126.
- ↑ Hovannisian, Richard G., ed. (2004). The Armenian People From Ancient to Modern Times, Volume II: Foreign Dominion to Statehood: The Fifteenth Century to the Twentieth Century. Palgrave Macmillan. ISBN 9781403964229.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Քննական քերականութիւն աշխարհաբար կամ արդի հայերէն լեզուի (en galego, Gramática crítica da lingua armenia moderna ou vernácula) - Parte I
- Քննական քերականութիւն աշխարհաբար կամ արդի հայերէն լեզուի (en galego, Gramática crítica da lingua armenia moderna ou vernácula) - Parte II
- Քննական քերականութիւն աշխարհաբար կամ արդի հայերէն լեզուի (en galego, Gramática crítica da lingua armenia moderna ou vernácula) - Parte III (Ortografía, pronunciación e métrica)