Saltar ao contido

Arquipélago de San Pedro e San Paulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaArquipélago de San Pedro e San Paulo
Imaxe
Tipogrupo de illas
ecorrexión da WWF Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPernambuco, Brasil Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°55′01″N 29°20′45″O / 0.9169, -29.3458
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
CordilleiraDorsal mesoatlántica Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata
Superficie0,015 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1511 Editar o valor en Wikidata

O Arquipélago de San Pedro e San Paulo (antigamente denominado Penedos de São Pedro e São Paulo), é un conxunto de pequenas illas rochosas que se sitúan na parte central do océano Atlántico Ecuatorial, a 870 km das illas Fernando de Noronha e 1.010 quilómetros da cidade de Natal, no Estado de Río Grande do Norte, Brasil.

Os penedos foron descubertos accidentalmente por navegantes portugueses, cando a Armada do 20 de abril de 1511, composta por seis carabelas, baixo o mando do capitán maior Garcia de Noronha, con destino á India, rexistrou alí o seu primeiro naufraxio e segundo o Libro das Armadas, tan só dúas das súas embarcacións chegaron a destino. Navegando en mar aberto e noite pechada, ouviuse de súbito o ruxir das ondas, e antes que fose posible tomar calquera providencia, a nave São Pedro, baixo o mando do capitán Manuel de Castro Alcoforado, atopábase encallada sobre uns arrecifes co seu fondo destruído.

Na mañá do día 16 de febreiro de 1832, as rochas foron visitados por Charles Darwin durante a primeira parte da súa viaxe a bordo do HMS Beagle ao redor do mundo. Por alí pasou tamén o irlandés Ernest Henry Shackleton (1874-1922) en 1921, a bordo do Quest na Expedición Shackleton-Rowett (1921-1922). Outros visitantes ilustres foron Gago Coutinho e Sacadura Cabral, que amainaron alí en 1922, para reabastecimiento co Cruzador República, da Mariña de Portugal.

O 1 de xuño de 2009 produciuse nas súas proximidades a traxedia do avión Airbus 330 da compañía francesa Air France que cubría o voo 447 Río de Xaneiro-París, na cal se presume faleceron 228 persoas, o que constitúe a maior catástrofe da historia da aeronavegación francesa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Declarado como parte do territorio brasileiro, pertencente ao estado de Pernambuco, en 1998, foi inaugurada a Estación Científica na Illa Belmonte, dando inicio ao "Programa Arquipélago San Pedro e San Paulo" baixo administración da Secretaria da Comisión Interministerial para os Recursos do Mar (SECIRM). A presenza permanente de catro científicos na Estación Científica xustifica a permanencia de humanos no Arquipélago, que é fundamental para obter o recoñecemento internacional como territorio brasileiro. A rocha exposta é peridotito serpentinado, sendo a única exposición mundial de manto abisal por encima do nivel do mar.

O arquipélago de San Pedro e San Paulo ten unha área total de aproximadamente 1,3 hectáreas (0,013 km²) e unha altitude máxima de 18 m. Está constituída por cinco illas maiores e numerosos illotes rochosos, sendo un dos lugares máis inhóspitos do país.

  • Illa Belmonte (Suroeste): 5.380 m²
  • Illa Challenger (San Paulo, Sueste): 3.000 m²
  • Illa Nordeste (San Pedro): 1.440 m²
  • Illote Cabral (Noroeste): 1.170 m²
  • Ollote Sul (Sur): 943 m²

Ningún dos illotes dispón de auga potable, só o maior deles conta con vexetación, aínda que escasa. As demais rochas non posúen ningún tipo de flora. Os illotes están habitados por aves mariñas, cangarexos, insectos e arañas, a quen serven de abrigo, e cuxas cavidades quedan cubertas polo excremento das aves que dá lugar ao guano, un tipo de fertilizante orgánico natural.

O Programa Arquipélago

[editar | editar a fonte]

Aínda que inhóspito para a vida humana, o recente interese polo arquipélago conduciu á sinatura, por parte do Brasil, da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar. Aínda cando o arquipélago sempre fose obxecto de investigacións, tratando de recoñecer os seus recursos pesqueiros así como os parámetros físico-químicos e biolóxicos das súas augas e da recollida de datos meteorolóxicos, en 1995 a Mariña do Brasil iniciou alí a construción dun novo faro, para reducir a incidencia de naufraxios naquelas augas, causadas pola pouca visibilidade dos arrecifes, que presentan altitude máxima de 18 metros e que son batidos permanentemente polas ondas.

O faro primitivo fora construído na Illa Belmonte en 1930, pola tripulación do navío Belmonte, baixo o mando do capitán de fragata Álvaro Nogueira da Gama. O traballo viuse interrompido polos inicios da Revolución de 1930, e só foi concluído en 1931, para ser destruído, probablemente por un terremoto, en 1933, deixado ao abandono. O actual faro localízase na Roca Suroeste. É automático e construído en fibra de vidro, con sección cilíndrica dun metro de diámetro con seis metros de altura.

Na devandita ocasión foron iniciados ademais estudos para a construción dunha edificación que servise de base a un grupo de investigación que se continuaría as investigacións oceanográficas e de medio ambiente do arquipélago, instituíndose así o chamado Programa Arquipélago. Co apoio da Mariña, foron realizados catro viaxes ao arquipélago, iniciándose estudos de aspecto físico-ambientais, topográficos, de comportamento das aves e outros, resultando diso a implantación da Estación Científica do Arquipélago de San Pedro e San Paulo (ECASPSP), inaugurada en 1998.

Nunha edificación de madeira de 45 metros cadrados, equipos de científicos e investigadores intercámbianse cada 15 días, co apoio da Mariña do Brasil. As instalacións componse dunha cociña, un comedor, centro de comunicacións, habitación para catro acodes, baño e balcón. O tellado conta con paneis fotovoltáicos para xeración de enerxía eléctrica. A pequena distancia levántase un abrigo para os xeradores e baterías, un equipo de desalinización de auga de mar e outro abrigo para cilindros de osíxeno e gas. Unha pasarela une a base ao momento de embarque. Entre os equipos científicos contan cun mareógrafo. Entre o 5 e o 6 de xuño de 2006, a estación de investigación foi parcialmente destruída por unha forte tormenta. Con todo foi reconstruída inmediatamente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]