Argynnis pandora
Argynnis pandora | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A. pandora hembra. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Argynnis pandora' Denis y Schiffermüller, 1775 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Argynnis pandora é unha bolboreta grande, laranxa, da familia Nymphalidae, descrita por Johann N. C. Michael Denis e Ignaz Schiffermüller en 1775.
O seu epíteto específico —Pandora— proveñen do mito grego de Hesíodo.[1]
Pódese confundir con Argynnis paphia que é unha bolboreta moi parecida.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son grandes, de 5,5 a 7 cm de envergadura, as femias medio centímetro máis que os machos. O anverso ou cara superior das ás son dun ton verde oliva con numerosos trazos e puntos negros. O reverso é de cor verde ouro e vermello de cadmio con puntos negros.
-
♂
-
♂ △
-
♀
-
♀ △
O anverso das ás anteriores dos machos, de entre 32 e 40 mm, é verde oliva con tons pálidos amarelos e laranxas no ápice, e coas veas marcadas en negro. En V2 e V3 aprécianse as escamas androconiais. Na cela distínguense tres ou catro trazos. Na zona discal aparecen trazos e puntos formando unha liña irregular de dobre curvatura e que non chega a E1a. Posúe pequenos puntos negros na zona submarxinal e unha fina liña negra paralela sobre a que aparecen pequenas manchas negras de forma triangular na confluencia coas veas.
As posteriores, polo seu anverso, aparecen debuxadas cunha banda branca e siena tostada na marxe interna e no ángulo anal. As zonas basal e discal son da mesma cor que a basal nas ás anteriores, separadas da zona postdiscal por unha liña crebada negra. Esta zona posúe unha serie de puntos negros grosos entre E2 e E6. A zona submarxinal alberga unha serie completa de manchas negras, e, paralela a esta cara á marxe, unha liña grosa sobre a que aparecen manchas romboidais na confluencia coas veas.
O reverso, de tons verde e vermello, ten unha fina liña marxinal externa ocre. As ás anteriores son de cor vermella de cadmio excepto a zona apical que é verde ouro, manchado de puntos, que se estende pola marxe como unha liña até a base.
As posteriores son completamente verdes con senllos trazos ocre nas zonas basal e discal. Na zona postdiscal hai trazos ocres que poden estar coloreados de branco brillante con 5 puntos de cor branca nácar.
As femias son maiores, sen androconia e cunha mancha negra en E6, cerca do ápice. As manchas e liñas das ás posteriores máis anchas e mellor definidas. O reverso das posteriores teñen unha mancha branca nacarada na zona basal e dous trazos brancos nacarados e negros, un na basal e outro na discal. Na postdiscal ten unha banda branca nacarada irregular, e na zona submarxinal unha dobre banda branca e turquesa cobalto.[2][3][4]
As eirugas, que poden alcanzar os 35 mm, son beige, peludas, cunha tira negra salpicada de vermello na parte superior.[5]
Como no resto de especies da súa familia, os imagos presentan nas súas cabezas palpos longos, ollos separados e antenas moi unidas na base e cunha maza alargada. O primeiro par de patas é máis curto que os outros dous, acabando nun tarso peludo que utilizan para limpar as súas antenas. Os outros dous pares de patas terminan nunhas uñas para agarrarse fortemente ás plantas. O abdome das femias é lixeiramente máis avultado e redondeado que o dos machos.[6]
Ciclo biolóxico
[editar | editar a fonte]É unha especie univoltina que voa desde finais de maio até finais de setembro. Trala cópula, que se produce en agosto, a femia deposita entre 1400 e 2000 ovos na planta nutricia —principalmente Violaceae— ou en vexetación próxima, durante unha quincena aproximadamente. Antes do inverno, as eirugas eclosionan e hibernan. Na primavera abandonan o seu refuxio e buscan a súa planta nutricia principal, violeta común e viola alba, pero tamén poden alimentarse de herba da trindade e Viola modesta.[7][8] Na segunda metade da primavera forman as crisálides e a principios do verán emerxe o adulto.[9][4][3]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Distribúese desde o arquipélago canario e norte de África, sur de Europa e sur de Rusia até Irán e norte de Paquistán e India. En Europa atópase no sur de Francia e costa atlántica até Morbihan, Península Ibérica, illas mediterráneas, Italia, amplamente distribuída no leste de Europa, desde Grecia até Chequia e rara no sur dos Alpes. En África é común nas illas Canarias, Marrocos, Alxeria e Tunisia.[9][3]
Pode ser atopada en espazos abertos, onde abundan plantas robustas e ricas en néctar, como cardos (xéneros Carduus, Onopordum, Cirsium) e outras especies de Asteraceae, como Centaurea spp. É posible observala en piñeirais, carballeiras, en bosques de ribeira, e tamén en xardíns, onde acode a libar plantas ricas en néctar.[10] Son potentes voadores, rápidos e nerviosos, e máis móbiles que outras bolboretas emparentadas, polo que poden ser vistas por riba da copa das árbores a gran velocidade.[6]
Sistemática
[editar | editar a fonte]Subespecies
[editar | editar a fonte]- Argynnis pandora pandora sur de Europa ata o Cáucaso.
- Argynnis pandora argentifasciata (Kotzsch, 1937) Cordilleira do Pamir.
- Argynnis pandora pasargades (Fruhstorfer, 1908) Rusia.
- Argynnis pandora seitzi (Fruhstorfer, 1908) Norte de África.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alvar Ezquerra, Jaime (2000)
- ↑ Aguado Martín, O. L. (2007), pp. 295-296
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Higgins, L. G. y N. D. Riley (1980), p. 129
- ↑ 4,0 4,1 Leraut, P. (2007)
- ↑ Carter, D. J. e B. Hargreaves (2005)
- ↑ 6,0 6,1 Aguado Martín, O. L. (2007), pp. 229-232
- ↑ Aguado Martín, O. L. (2007), pp. 296-297
- ↑ Savela, M. (2011)
- ↑ 9,0 9,1 Aguado Martín, L. O. (2007), p. 296
- ↑ Aguado Martín, O. L. (2007), p. 297
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aguado Martín, O. L. (2007). Las mariposas diurnas de Castilla y León (Lepidópteros ropalóceros) Especies, biología, distribución y conservación I. Valladolid: Junta de Castilla y León. p. 1041. ISBN 978-84-9718-473-1.
- Alvar Ezquerra, J. (2000). Diccionario Espasa. Mitología universal. Espasa. p. 1031. ISBN 84-239-9460-0.
- Carter, D. J. e B. Hargreaves (2005). Guide des chenilles d'Europe (en francés). Delachaux et Niestlé. p. 312. ISBN 2-603-00639-8.
- Higgins, L. G. y N. D. Riley (1980). Guía de campo de las mariposas de España y Europa. Barcelona: Omega. p. 452. ISBN 84-282-0327-X.
- Leraut, Patrice (2007). Insectos de España y Europa. Barcelona: Lynx Edicions. p. 528. ISBN 978-84-96553-27-9.
- Muséum national d'Histoire naturelle (2011). "Argynnis pandora INPN, MNHN". Inventaire national du Patrimoine naturel (en francés). Consultado o 22 de xaneiro de 2011.
- Savela, Markku (2011). "Lepidoptera and some other life forms" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2011.