Herba da trindade
Herba da trindade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Viola tricolor' L. |
A herba da trindade[1] (Viola tricolor) é un pensamento bravo común de Europa, que medra como anual ou de curta vida perenne. Foi introducida en América do Norte, onde se espallou moito. É a proxenitora do cultivado pensamento (Viola tricolor hortensis); antes de que o pensamento fose desenvolvido, "pensamento" era un apelativo alternativo da forma brava.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome vulgar galego, pode que veña polas tres cores que adoita ter a flor; igualmente que en inglés recibe o nome de three faces in a hood (tres faces nunha carapucha) ou wild pansy (pensamento bravo).
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha pequena planta de hábito rubideiro, acadando polo menos 15 cm de altura, con flores de 15 mm de diámetro. Medra en pasteiros baixos, en solos acedos ou neutrais. Acepta media sombra. Florea borealmente de abril a setembro; poden ser púrpuras, azuis, amarelas ou brancas. Son hermafroditas e autofértiles, polinizado por abellas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Viola tricolor foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 935–936, no ano 1753. (1 de maio de 1753)[2]
- Variedades aceptadas
|
|
Uso medicinal
[editar | editar a fonte]Ten unha longa historia de uso coma menciña. Foi recomendada, ademais doutros usos, en tratamento da epilepsia, da asma, doenzas da pel e eccemas. Ten propiedades expectorantes, contra a bronquite, Tose ferina ou tose convulsa. Tamén é diurético, liderando o seu uso en tratar reumatite e cistite.
As flores serven como tintura amarela, verde, azul verde, mentres as follas poden usarse para facer un indicador químico.
Moito antes do desenvolvemento de híbridos, esta especie asociouse co "pensamento" na "linguaxe das flores", polo seu apelativo de pensamento: así Ofelia di en Hamlet de William Shakespeare, "There's pansies, that's for thoughts" (hai "pensamentos" que son pensamentos). E o que tiña Shakespeare en mente era a "herba da trindade" ou "pensamento bravo", non os modernos pensamentos de xardín.
Shakespeare fai unha referencia máis ao "pensamento bravo" n'O soño dunha noite de San Xoán. Oberón envía a Puck a apañar "unha floriña" que se había chamar "Amor na preguiza".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego citado en varias fontes como hèrba d'a trinidá como no Diccionario gallego-castellano, Santiago, de Marcial Valladares Núñez (1884)- http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=trinid%E1&tipo_busca=lema
- ↑ Herba da trindade en Trópicos
- ↑ "Herba da trindade en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba da trindade |