Arcos, Cuntis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcos
Igrexa e cruceiro de San Breixo de Arcos de Furcos.
ConcelloCuntis[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°39′41″N 8°31′50″O / 42.66125964, -8.53058207Coordenadas: 42°39′41″N 8°31′50″O / 42.66125964, -8.53058207
Área10 km²
Poboación642 hab. (2011)
Densidade64,2 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

San Breixo de Arcos de Furcos é unha parroquia que se localiza no concello de Cuntis. Limita coas parroquias de Cuntis, Couselo, Piñeiro e Portela, e co concello da Estrada no nordeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas. En 1836 tiña unha poboación de feito de 725 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 799 a 662, o cal significou unha perda do 17,1 %. Segundo o IGE en 2011 tiña 642 habitantes (336 mulleres e 306 homes).

Está formado polos seguintes lugares ou aldeas: A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso.

Topónimo[editar | editar a fonte]

O topónimo Furcos vén dado polas diferentes aldeas que levaban o topónimo "Furco": Furco, Furcodona, Furcomao.

Situación[editar | editar a fonte]

A parroquia, situada nas abas do monte Arca e Castroloureiro, limita ao norte e leste co concello da Estrada, coas parroquias de Matalobos, A Estrada, Ouzande e A Somoza. Ao sur e oeste coas parroquias de Baños de Cuntis, Piñeiro, Couselo e Portela, todas elas do concello de Cuntis. Arcos de Furcos sitúase na vertente leste do val do río Gallo, ao pé do Castro de Arcos e do monte da Hermida. Nesta zona está a parte habitada da parroquia. Detrás destes montes, a parroquia esténdese por unha zona deshabitada, de formas onduladas, coñecida co nome de Chan da Quenlla. Aquí atópase o coñecido Mar dos Moros, pequena lagoa que nos últimos anos se viu moi deteriorada e desecada pola plantación extensiva de eucalipto. Nesta parroquia nace o río Gallo, afluente do Umia, así como múltiples regatos afluentes deste, como son o Lavandeira.

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

No adro da igrexa pola parte leste, atópanse tres relevos procedentes do baldaquino de San Breixo de Arcos de Furco, que hoxe están incrustados no muro perimetral, rodeando un altar que aínda conserva restos de pinturas de representación vexetal. As tres pezas representan o nacemento de Xesús, a adoración dos Reis e o desencravo trala crucifixión. Á esquerda e un pouco separada, outra pedra cunha inscrición en latín.

Arcos estivo habitado en tempos prerromanos. Mostra disto é o Castro de Arcos, situado no cumio do monte do mesmo nome. Detrás esténdese o coñecido Campo das Tombas, ampla zona poboada por mámoas, que datan de arredor de 3000 a.C., das que polo de agora non se desenterrou ningunha. Existiu na Idade Media un Mosteiro no lugar da Manguela, fundado polo bispo Sisnando II de Iria no século IX. As pedras deste mosteiro serviron máis tarde para construír a igrexa parroquial, que se viu moi modificada ao longo dos séculos, acaecendo a última modificación na primeira metade do século XX, coa incorporación das capelas laterais. Pero o verdadeiramente valioso desta igrexa son o cruceiro e un baldaquino que se atopa no valado exterior. Ambos son góticos e datan do século XV. O baldaquino está formado por tres pezas, que representan o nacemento, a adoración dos Reis e o descenso da cruz. Crese que se perdeu unha cuarta peza na cal se representaba a crucifixión. O baldaquino ten un altar de pedra que conserva aínda algunhas pinturas de representación vexetal. Ao lado existe unha inscrición en latín.

Castros: Castro Loureiro e Castro da Aurela (ou Ourela)

Notas etnográficas[editar | editar a fonte]

En Arcos crese que cando morre un cura nado na parroquia, doce veciños máis morrerán antes de cumprir un ano [2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arcos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arcos no concello de Cuntis (Pontevedra)

A Anllada | Arcos | O Caeiro | A Casa da Cruz | A Casiña | Cornado | Ducío | Ferreiros | Furco | A Gándara | Piñeiro | Piso

Parroquias de Cuntis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cuntis

Arcos (San Breixo) | Cequeril (Santa María) | Couselo (San Miguel) | Cuntis (Santa María) | Estacas (San Fiz) | Piñeiro (San Mamede) | Portela (Santa Eulalia) | Troáns (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]