Troáns, Cuntis
| Troáns | |
|---|---|
Capela de Santo Ildefonso. | |
| Concello | Cuntis[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°37′11″N 8°35′39″O / 42.61972222, -8.59416667 |
| Área | 12,8 km² |
| Poboación | 720 hab. (2011) |
| Densidade | 56,25 hab./km² |
| Entidades de poboación | 12[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Troáns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Limita coas parroquias de Estacas e Cuntis, e cos concellos de Moraña e Caldas de Reis.
En 1836 tiña unha poboación de feito de 574 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 1008 a 732 persoas, o cal significou unha perda do 35,1%. Segundo o IGE en 2011 tiña 720 habitantes (375 mulleres e 345 homes).
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Troáns procede (pasando pola caída da lateral intervocálica) dun antropónimo xermánico na locución [villa(m)] Thrudilanis[2] e está composto por thrud, "forza", un sufixo diminutivo illa e a terminación do xenitivo latino.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escola abandonada en Troáns.
-
Cruceiro do Campo.
-
Fonte de Troáns.
-
Cruceiro de San Ildefonso.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Troáns
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Troáns no concello de Cuntis (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Campo | A Cova | Folgar | Guldrigáns | Hervés | Lornés | Novás | Pena de Arriba | Pena de Vilabar | San Ildefonso | O Sequelo | Sobrada | Vilabar de Abaixo |