Baldaquino de San Breixo de Arcos de Furco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na igrexa de San Breixo de Arcos de Furco (Cuntis) consérvanse tres relevos procedentes dun baldaquino, incrustadas no muro perimetral do adro da igrexa, rodeando un altar. Representan con chamativa similitude as mesmas escenas que se poden observar no baldaquino de San Salvador de Meis:

  • O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.
  • A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé á dereita.
  • O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, un dos santos homes á esquerda, sosténdolle a cabeza, e dúas Marías (María Magdalena e María Salomé) á dereita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • FILGUEIRA VALVERDE, José e RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, José: Baldaquinos gallegos. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1987.