Portela, Cuntis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°40′50″N 08°33′13″O / 42.68056, -8.55361

Portela
Igrexa de Santa Eulalia de Portela, Cuntis.jpg
Igrexa de Santa Eulalia de Portela.
ConcelloCuntis
Área6,2 km²
Poboación210 hab. (2011)
Densidade33,87 hab./km²
Entidades de poboación4

Santa Eulalia de Portela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 210 habitantes (117 mulleres e 93 homes), 101 menos ca en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 327 persoas.

Situación[editar | editar a fonte]

A parroquia sitúase preto da portela que separa os vales do Vea (afluente do Ulla) e do Gallo (afluente do Umia), na parte alta deste último e na súa ribeira dereita xunto cos lugares da Casa da Cruz, Ferreiros, Piñeiro, A Casiña e A Anllada (pertencentes a Arcos de Furcos) e a parroquia toda de Couselo.

De este a oeste sitúanse Loureiro de Arriba (na parte esquerda do collado mirando cara o val do Gallo), Loureiro de Abaixo, Novás (estes dous xa na parte central) e Portela (na parte esquerda e nas abas de Pedra Lobeira, na serra de Xesteiras). O rego Carbáns (afluente do Gallo) ten o seu nacemento nas proximidades da pista asfaltada que une Portela con Novás, xunto á escola infantil. Dito rego xunto cos seus regatos tributarios desemboca, xunto ó rego Sequeiros que ven de Couselo, no río Gallo nunha paraxe preto do lugar da Anllada (Arcos de Furcos).

A N-640 pasa polo medio do núcleo de Novás e nel conéctase coa estrada que baixa polas curvas da Bragada en dirección ó Souto de Vea (A Estrada) e Santiago de Compostela.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Preto de Loureiro de Arriba e da veciña aldea do Piñeiro (parroquia de Arcos de Furcos) atópanse os castros de Castroloureiro e da Aurela, no medio dun eucaliptal e aínda soterrados baixo terra, o primeiro na marxe dereita do val do rego Freixiño (xunto con Loureiro de Riba) e o segundo na esquerda (xunto co Piñeiro).

Destaca-la capela da Nosa Señora de Loreto, situada en Loureiro de Abaixo, e a igrexa parroquial de Santa Eulalia, situada no lugar de Portela. Tamén o conxunto de 7 muíños fariñeiros no regato que discorre polo medio do lugar de Portela, aínda que en mal estado de conservación.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Portela[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Portela no concello de Cuntis (Pontevedra)

Loureiro de Abaixo | Loureiro de Arriba | Novás | Portela

Parroquias de Cuntis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cuntis

Arcos (San Breixo) | Cequeril (Santa María) | Couselo (San Miguel) | Cuntis (Santa María) | Estacas (San Fiz) | Piñeiro (San Mamede) | Portela (Santa Eulalia) | Troáns (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]