Anxo Pintos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnxo Pintos
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4075594 Musicbrainz: 8f8fa235-cf97-4e1a-8553-5ea3926a5b00 Discogs: 3665758 Editar o valor em Wikidata

Anxo Lois García Pintos, nado Vigo o 3 de marzo de 1968, é un músico e compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Músico multiistrumentista e compositor, irmán dos tamén músicos Silvia Superstar e Gael Pintos.[1] Comezou os seus estudos musicais aos oito anos, dacabalo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, do seu pai Suso Pereira e do Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos que dirixía Antón Corral, chegando a incluír na nómina dos instrumentos que toca a gaita, zanfona, violín, saxo soprano e frauta de bico.

Cofundador do grupo de gaitas Alfolíes, do Grupo Didáctico de Instrumentos Musicais Populares Galegos, da Banda de Gaitas Xarabal, do grupo Matto Congrio e de Berrogüetto, no 1995. Posteriormente fundou o trío Lizgairo, xunto a Rodrigo Romaní e Xosé Liz. Ten colaborado con outros músicos e grupos, entre os que cabe citar a Milladoiro, The Chieftains, Los Piratas, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Mercedes Peón, Uxía, Chouteira, Pilocha, Antón Seoane, ou Quico Comesaña no espectáculo dramatúrxico A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro.

Foi mestre de zanfona durante once anos no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Na actualidade é presidente da Fundación SondeSeu, e compatibiliza o seu labor de mestre de zanfona da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), co de coordinador da sección de zanfonas da Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu" , e a actividade escénica en Berrogüetto, o trío Lizgairo e SondeSeu.

Traballos discográficos[editar | editar a fonte]

Traballos publicados con Berrogüetto[editar | editar a fonte]

Traballos publicados con Matto Congrio[editar | editar a fonte]

  • Matto Congrio, 1993.

Traballos publicados con Lizgairo[editar | editar a fonte]

Traballos publicados con SonDeSeu[editar | editar a fonte]

  • Mar de Vigo.
  • Trastempo.
  • Barlovento, 2010.

Premios[editar | editar a fonte]

Con Berrogüetto[editar | editar a fonte]

  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
  • Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
  • Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
  • Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
  • Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.

Outros premios[editar | editar a fonte]

  • Premio La Opinión ao mellor disco galego do 2009, con Lizgairo.[2][3]
  • Premio La Opinión ao mellor disco galego do 2011, con SonDeSeu.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. R. Sotelino, Begoña (4 de abril de 2015). "El compañero de habitación que ronca". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo). Consultado o 02-01-2021. 
  2. "[DIACRONÍAS, de Lizgairo]: gañador dos VIII Premios Opinión de Música Folk". ghastaspista.com. 30 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  3. "O disco Diacronías de Lizgairo gaña o VIII Premio Opinión de folk". culturagalega.gal. 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  4. "Mercedes Peón e SondeSeu comparten o Premio Opinión a mellor disco folk do ano". culturagalega.gal. 14 de febreiro de 2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]