Antía Veres
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1990 (34 anos) Guitiriz, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Premios | |
Antía Veres Xesto,[1] nada en Guitiriz o 19 de xuño de 1990, é unha tradutora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en 2013 en Tradución e Interpretación (especialidade inglés-galego) pola Universidade de Vigo, e en 2014 foi premio extraordinario fin de carreira pola dita universidade.[2] Dende ese mesmo ano, traballou na empresa privada Globalingua Translation, con sede en Vigo, lugar de residencia de Veres, e na Coruña[3]. Noutra orde de cousas, colaborou profesionalmente co proxecto Trasno e fixo voluntariado para a asociación sen fins de lucro Tradutores sen Fronteiras.
Foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua da Universidade de Vigo (2009) da cal foi presidenta entre os anos 2011 e 2012.
Obras traducidas
[editar | editar a fonte]Obra impresa
[editar | editar a fonte]- O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster.
- Un amante fantasma, de Vernon Lee (Editorial Hugin e Munin, 2015)[4]
- Detrás da máscara, de Louisa May Alcott (Editorial Hugin e Munin, 2017).
- Unha muller perdida, de Willa Cather (Editorial Hugin e Munin, 2018).
- Unha historia detectivesca de dobre canón, de Mark Twain (Kalandraka, 2018)
- A orde do día, de Éric Vuillard (Faktoría K, 2018)
- O planeta dos simios, de Pierre Boulle (Faktoría K, 2019)[5]
- A batalla de occidente, de Éric Vuillard (Kalandraka, 2019)
- O inimigo coñece o sistema, de Marta Peirano (Kalandraka, 2019)
- O home dos círculos azuis, de Fred Vargas (Kalandraka, 2020)
- As aventuras de Txano e Óscar. A pedra verde, de Julio Santos (ilustr. Patricia Pérez) (Xarpa Books, 2020)
- Operación sabuxo, de Julio Santos (Xarpa Books, 2020)
- O deus das pequenas cousas, de Arundhati Roy (Narrativa K, 2021)
- O estoico, de John Galsworthy (Editorial Hugin e Munin, 2021)
- A grande orquestra animal: á busca das orixes da música nos espazos salvaxes do planeta, de Bernie Krause (Factoría K, 2021)
Tradución teatral
[editar | editar a fonte]- Os amantes sobrehumanos, de Ruth Gutiérrez (Erregueté, 2019)[6]
Outras publicacións
[editar | editar a fonte]- "Como traducimos nas cidades divididas?", Viceversa, nº19-20 (2014).
Galardóns
[editar | editar a fonte]No 2013, conseguiu o accésit na edición de 2013 do Premio de tradución da Universidade de Vigo[7] pola tradución da obra O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster. No 2017, foi a gañadora do I Premio Realia de Tradución[8] por Detrás da máscara, de Louisa May Alcott. No 2019, gañou o XVIII Premio Plácido Castro pola tradución da obra Unha muller perdida de Willa Cather.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antía Veres Xesto: «Cada vez fálase máis de nós»". La Voz de Galicia. 14 de novembro de 2021. Consultado o 8 de maio de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Antía Veres, Premio Plácido Castro de Tradución na súa 18ª edición". Praza.gal. 30 de setembro de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ Páxina web da empresa Arquivado 21 de abril de 2017 en Wayback Machine., pestana "Quen somos".
- ↑ Vernon Lee. Un amante fantasma, entrada no blog "Revolta da Freixa" o 16 de abril de 2017.
- ↑ Redacción (6 de xuño de 2019). Sermos Galiza, ed. "Os simios dominarán o mundo. A distopía clásica de Boulle, en galego". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ Entrevista: Ruth Gutiérrez, gañadora do XLIII Premi Born, e Antía Veres, tradutora da obra premiada, Erreguete.gal.
- ↑ Premio 2013 de tradución da Universidade de Vigo, en Laxastraducidas
- ↑ Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida na páxina web do Concello de Santiago o 20 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da tradutora Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine. en Bitraga