Saltar ao contido

O inimigo coñece o sistema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O inimigo coñece o sistema
 Título
    El enemigo conoce el sistema (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Tradutor/a
 Editorial
Localización
 País de orixe
Wikidata

O inimigo coñece o sistema[1] (título orixinal en castelán: El enemigo conoce el sistema) é un ensaio de 2019 de Marta Peirano no que "fala do control e do poder grazas á esculca e interpretación de cal é o fin último da enorme cantidade de información que xeramos ao usarmos os nosos móbiles, tabletas e ordenadores, sobre todo cando descargamos aplicacións ou interactuamos nas redes sociais". [2]

Nesta obra, a autora explícanos o funcionamento da rede, os seus baleiros lexislativos e a falta de protección dos usuarios "ante a grande manipulación que supón formar parte deste grande irmán".[3] Como sinala a autora, mentres nós o ignoramos as compañías "espremen os nosos datos para producir e alimentar técnicas de intelixencia artificial; ou as axencias de desinformación que explotan estes datos para crear o caos e manipular á xente en moitas partes do mundo."[4]

  1. "O inimigo coñece o sistema". www.kalandraka.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-20.
  2. Nicolás, Ramón (2020-02-15). "O inimigo coñece o sistema, de Marta Peirano". Caderno da crítica. Consultado o 2021-06-20.
  3. "O inimigo coñece o sistema, Marta Peirano (Kalandraka)". El baile de las palabras (en castelán). 2020-04-23. Consultado o 2021-06-20.
  4. Rey, Manuel (2019-11-28). "Marta Peirano: "Estamos adestrando algoritmos que se usan para cazar xente"". GCiencia. Consultado o 2021-06-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]