Premio Realia de Tradución Literaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Premio Realia de Tradución")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O premio Realia de Tradución Literaria é un galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A primeira edición do premio celebrouse en 2017. Ten por obxecto distinguir unha obra narrativa traducida ao galego dende calquera lingua estranxeira e fomentar e visibilizar o traballo dos profesionais da tradución[1]. Ten carácter bienal e está remunerado con 1.200 €. Outra das características do premio é que pasado un ano dende a publicación en papel da obra, esta é publicada de balde en BIVIR, a biblioteca virtual que xestiona a Asociación de Tradutores Galegos.[2]

Gañadores[editar | editar a fonte]

Edición Ano Tradutor Obra Autor
Primeira 2017 Antía Veres[3] Detrás da máscara Louisa May Alcott
Segunda 2019 Deserto[4] - -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Premio Realia para incentivar a tradución ao galego, nova en Biosbardia o 11 de outubro de 2016.
  2. Bases do premio.
  3. nova en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017.
  4. Acta do xurado na II edición (pdf).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]