Antonio Odriozola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de maio de 2016 ás 19:34 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB)
Infotaula de personaAntonio Odriozola Pietas
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1911.
Vitoria.
Morte7 de decembro de 1987 (76 anos).
Pontevedra.
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónBibliógrafo e escritor.
Familia
CónxuxeDolores Casalderrey Blanco.
FillosNon tivo.

Dialnet: 963647

Antonio Odriozola Pietas, nado en Gasteiz o 1 de xuño de 1911 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1987[1], foi un bibliógrafo, investigador e erudito vasco.

Traxectoria

Pazo da Carballeira de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia.

Fillo de Victoriano Odriozola Egaña, director da Granja Modelo de Gasteiz. Fixo o Bacharelato en Gasteiz e estudou Dereito en Valladolid, Madrid e Santiago de Compostela. Despois da guerra civil empeza a centrarse na bibliofilia. En 1964 estableceuse en Pontevedra. Foi bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata a súa xubilación en 1981. Colaborou en Faro de Vigo e na Revista do Museo de Pontevedra.

Vida persoal

Estaba casado con Dolores Casalderrey Blanco e non tivo descendencia. Morreu atropelado.

Obra

  • Algunos problemas bibliográficos que plantean las obras de Nebrija (1945).
  • Camelias en Pontevedra (1974).
  • Ediciones incunables de Diego de Muros (1975).
  • Bibliografía de Luis Seoane (1979).
  • La imprenta en Vigo (1980).
  • Vigo en su historia (1980) xunto con Fernando Acuña, J. M. Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide et alii.
  • Alegrías y tristezas de la investigación sobre impresiones españolas de los siglos XV y XVI (1986).
  • Las imprentas de Pontevedra en el siglo XIX (1989).
  • Historia de la imprenta en Galicia (1992, con Xosé Ramón Barreiro).

Notas

  1. "Antonio Odriozola, bibliógrafo", necrolóxica en El País, 10 de decembro de 1987 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas