Pazo da Carballeira de Gandarón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°24′18″N 08°38′38″O / 42.40500, -8.64389

Vista parcial dos terreos do pazo.

O pazo da Carballeira de Gandarón é un pazo situado na parroquia de Salcedo (Pontevedra) e que na actualidade abeira a Misión Biolóxica de Galicia.

Foi edificado no século XVIII polo que foi arcebispo de Santiago de Compostela Sebastián Malvar Pinto, natural de Salcedo. Nel viviu Julia Becerra Malvar e dende 1928 é a sede da Misión Biolóxica de Galicia fundada pola Xunta de ampliación de estudos en 1921. Dende 1970 as instalacións e laboratorios atópanse nun edificio adxacente de nova construción, obra de Alejandro de la Sota.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]