Antonio Carreño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1938 (86 anos) Parada de Sil, España |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | hispanista, profesor universitario |
Premios | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal Gallegos |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Antonio Carreño González, nado en Parada de Sil o 13 de xuño de 1938,[1] é un académico e investigador, ensaísta e crítico literario galego. Especialista na literatura do Século de Ouro, considerado un experto mundial en Lope de Vega e unha autoridade na poesía española e hispanoamericana contemporánea.[2] Conta tamén con breves incursións na poesía galega (Rosalía de Castro, Eduardo Blanco Amor) e portuguesa (Camões e Fernando Pessoa).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Os seus primeiros estudos de docencia realizáronse na Escola Normal de Maxisterio, en Ourense.[1] Opositou ao corpo de funcionarios do Estado, obtendo un posto como Mestre Nacional en 1965. Xa nos Estados Unidos, e despois de catro anos como profesor de español en dúas escolas privadas (Preparatory Schools), obtivo un Master en Trinity College, Hartford, Conneticut (1971), con especialidade en literatura hispanoamericana. Catro anos despois doutorouse pola Universidade de Yale (1975), previos os graos de Mestría en Artes (M.A.) e Mestría en Filosofía (M.Phil.) da mesma universidade. En 1986 obtivo o título honorífico de Master ad Eundem, Universidade de Brown. Como profesor visitante impartiu clases na Universidade de Mar do Prata (Arxentina), Universidade de Santiago de Compostela (España), Universidade de Valencia, Boston College e na Universidade de Kentucky (Lexington). Foi tamén profesor visitante do programa da Universidade de Massachussets en Salamanca (1989-1991). E exerceu como docente e como director asociado do programa de Mestría e de Doutoramento na Escola Española de verán de Middlebury College (Vermont). En 2017, coincidindo coa celebración do centenario da fundación da Escola Española de Middlebury College, Antonio Carreño foi seleccionado como un dos profesores máis distinguidos nos cen anos desde a fundación da Escola Española. Na actualidade traballa nunha extensa monografía sobre a poesía de Lope de Vega, En moitos corpos repetido. Novos estudos sobre Lope de Vega. A súa filla, María Lilia Carreño Rodríguez é profesora de español e francés nunha escola pública do estado de Vermont; o seu fillo, Antonio Carreño Rodríguez é docente, é crítico literario e investigador na George Mason University (Virginia, EE.UU.).
A súa investigación centrouse no Século de Ouro, a literatura española contemporánea e a literatura galega, así como nas Lusíadas de Camões e Fernando Pessoa.
Obras
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- El romancero lírico de Lope de Vega, Madrid, Gredos, 1979.
- La dialéctica de la identidad en la poesía contemporánea. La persona, la máscara Madrid, Gredos, 1982.
- Crónicas desde la Ribeira Sacra. Entre dos mundos, Ourense, Diputación Provincial de Ourense, 2010.
- Crónicas de un maestro rural. De Boston a la Ribeira Sacra, Madrid, Editorial Huerga & Fierro, 2014.
- Que en tantos cuerpos vive repetido. Las voces líricas de Lope de Vega. Cátedra, 2020.
- Las esquinas del tiempo. Huerga y Fierro Editores, 2022.
Edicións críticas
[editar | editar a fonte]- Lope de Vega, Cartas (1603-1633), Madrid, Editorial Cátedra, 2018, 684 pp.
- Lope de Vega, Corona trágica, ed. de Antonio Carreño-Rodríguez e Antonio Carreño, Madrid, Editorial Cátedra, 2014.
- Lope de Vega, Poesía selecta. Nueva edición. Madrid, Editorial Cátedra, 2013.
- Lope de Vega, Pastores de Belén. Edición revisada, Madrid, Editorial Cátedra, 2010.
- Luis Vélez de Guevara, «estudio introductorio», El Hércules de Ocaña, Newark, Delaware, Juan de la Cuesta, 2008.
- Lope de Vega, Laurel de Apolo, Madrid, Editorial Cátedra, 2006. Lope de Vega, Rimas sacras, en colaboración con Antonio Sánchez Jiménez, Universidade de Navarra, Iberoamericana, Vervuert, 2007.
- Lope de Vega, Rimas humanas y divinas del licenciado Tomé de Burguillos, La Gatomaquia, Salamanca, Edicións Almar, 2002.
- Lope de Vega, Novelas a Marcia Leonarda, Madrid, Editorial Cátedra, 2002, 3a ed., 2011.
- Luis de Góngora, Romances, 7a edición revisada, Madrid, Editorial Cátedra, 2016.
- Lope de Vega, Rimas humanas y otros versos, Barcelona, Editorial Crítica, 1998.
- Lope de Vega, Pastores de Belén, Barcelona, Promociones y Publicaciones Universitarias, Textos Universitarios, 1991; edición revisada e ampliada Madrid, Cátedra, 2010.
- Lope de Vega, El castigo sin venganza, Madrid, Editorial Cátedra, 1990, 8ª ed. revisada, 2010.
- Lope de Vega, Poesía selecta (Madrid, Editorial Cátedra, 1984; 7a ed., 2013).
- Que en tantos cuerpos vive repetido (Las voces líricas de Lope de Vega). Cátedra, 2020.
Edicións divulgativas
[editar | editar a fonte]- Lope de Vega, El perro del hortelano, Madrid, Espasa-Calpe, 1991.
- Lope de Vega, Obras completas. Poesía I: La Dragontea, Isidro, Fiestas de Denia, La hermosura de Angélica, Madrid, Biblioteca Castro, 2002.
- Lope de Vega, Obras completas. Poesía II: Rimas, Rimas sacras, Rimas humanas y divinas del licenciado Tomé de Burguillos, La gatomaquia, Madrid, Biblioteca Castro, 2003.
- Lope de Vega, Obras completas. Poesía III: La Jerusalén conquistada, Madrid, Biblioteca Castro, 2003.
- Lope de Vega, Obras completas, Poesía IV: La Filomena, La Circe, Madrid, Biblioteca Castro, 2003.
- Lope de Vega, Obras completas, Poesía V: Triunfos divinos, La Virgen de la Almudena, Isagoge a los Reales Estudios de la Compañía de Jesús, Corona trágica, Laurel de Apolo, Madrid, Biblioteca Castro, 2004.
- Lope de Vega, Obras completas, Poesía VI, Huerto deshecho, Égloga a Claudio, La Vega del Parnaso, otros versos, Madrid, Biblioteca Castro, 2004.
- Lope de Vega, Obras completas. Prosa III, Epistolario, Madrid, Biblioteca Castro, 2008.
Edicións dirixidas
[editar | editar a fonte]- Actas do Segundo Congreso de Estudios Galegos, ed. Antonio Carreño, Vigo, Editorial Galaxia, 1991.
Recoñecementos e distincións
[editar | editar a fonte]- Premio "Ramón Menéndez Pidal" da Real Academia Española (1977), por «El romancero lírico de Lope de Vega».[2]
- Cruz de Encoménda da Raíña Isabel a Católica outorgada polo Rey de España (1988).
- W. Duncan Family Professor in the Humanites (Brown University (1993-2006).
- American Philosophical Society (Bolsa), 1983, 1985.
- American Council of Learned Socities (bolsa), 1982, 1984.
- Fulbright Fellowship (1984).
- Guggeheim Fellowship (1985).
- The Foreign Ministry of Spain, Research grant, 1979, 1987, 1995.
- Cabaleiro dá Orde Enxebre Orde de Vise (1994) · Nomeado Caballero da Orde da Vieira.
- Homenaxe a Antonio Carreño: «Rompa con dulces números el canto», Homenaje a Antonio Carreño, ed. de Chad J Leahy e Antonio Sánchez Jiménez, Anejo, Rilce. Revista de Filoloxía Hispánica, 2010, 1-260.
- Nomeado «Fillo Predilecto e Medalla de Ouro do Concello de Parada de Sil» (2017), previamente, en 2010, placa de distinción na súa casa familiar.
- A Deputación de Ourense aprobou no pleno do 31 de marzo de 2023 o expediente polo que se concede a Medalla de Ouro da provincia de Ourense a Antonio Carreño.[1]
- Presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
- Vicepresidente da Asociación Internacional de Hispanistas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (16 de outubro de 2022). "O filólogo e investigador Antonio Carreño, de Parada de Sil, será homenaxeado coa Medalla de Ouro da provincia". osil.info. Consultado o 13 de outubro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (16 de outubro de 2022). "La Diputación de Ourense distinguirá al filólogo Antonio Carreño, experto mundial en Lope de Vega, con la medalla de oro de la provincia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Carreño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Carreño, Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 193–194.
- "Carreño, Antonio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Carreño González, Antonio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 105. ISBN 84-8064-113-4.