Antonio Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bouza
Información persoal
Nome Antonio Bouza Pazos
Posición Extremo esquerdo
Carreira xuvenil
Perseverancia
1949–1953 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1953–1954 Fabril
1954–1955 Deportivo da Coruña 2 (0)
1955–1956 Racing de Ferrol 7 (1)
1956–1959 Fabril
Partidos e goles só en liga doméstica.

Antonio Bouza Pazos, nado en Carballo o 3 de agosto de 1935, é un ex futbolista galego, que xogaba de extremo esquerdo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Carballo, sendo neno instalouse con súa nai no barrio de Monte Alto da Coruña, despois de que seu pai, un antigo xogador do Deportivo da Coruña, marchase á guerra civil.[1]

Comezou a xogar ao fútbol con varios rapaces do seu barrio, entre eles Luis Suárez, cos que formou o equipo Perseverancia.[2] A chegada de Alejandro Scopelli ao banco do Deportivo da Coruña fixo que o club potenciase a súa canteira, ingresando nese momento no club branquiazul tanto Bouza como Suárez. Posteriormente pasou ao Fabril, co que gañou o Campionato Galego de Afeccionados en 1953.[3]

O 30 de outubro de 1954 debutou na Primeira División co Deportivo da Coruña, da man do adestrador Eduardo Toba, nun encontro contra o Las Palmas no Estadio Insular. Xogou só outro encontro co Deportivo, fronte á Real Sociedad en Riazor. Na tempada seguinte militou no Racing de Ferrol, na Segunda División, e a continuación volveu ao Fabril.

Fóra do fútbol tivo numerosos empregos e en 1954 fíxose profesor mercantil.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Melissa (25 de xullo de 2018). "«O meu neto díxome que practicara con el o saque, non vaia escorrer»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Varela, Pablo (7 de maio de 2013). "Los inseparables de Santo Tomás" (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2021. 
  3. "El Fabril campeón gallego de aficionados". La Noche (en castelán). 23 de novembro de 1953. p. 2. Consultado o 23 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]