Antonio Benlloch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Bellod
Información persoal
Nome Antonio Benlloch García
Nacemento 1 de decembro de 1946 (77 anos)
Lugar de nacemento Orihuela
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1966–1967 Hércules 16 (0)
1968–1977 Deportivo da Coruña 216 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio Benlloch García, coñecido como Bellod, nado en Orihuela (Alacant) o 1 de decembro de 1946, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1966–67 debutou co Hércules CF en Primeira División, participando en 16 encontros esa campaña. Ao fina do campionato o equipo descendeu a Segunda División.

Na tempada 1968–69 fichou polo Deportivo da Coruña, participando na súa primeira campaña en 20 encontros no equipo dirixido por Cheché Martín. Foi unha habitual da defensa coruñesa, xunto con José Domínguez, Luis García Mosquera e José Manuel Sertucha. Na campaña seguinte o equipo descendeu a Segunda División, volvendo a elita na tempada seguinte. Na tempada 1971–72 continuou sendo un habitual da defensa do equipo adestrado por Arsenio Iglesias, esta vez acompañadao por Luis María Zugazaga, CholoBenito Rubiñán. Ese ano Bellod firmou 34 partidos, todos como titular. Na tempada 1972–73 o equipo descendeu a Segunda División novamente, e na 1973 –74 tocouse fondo descendendo a Terceira División. No retorno a Segunda, na tempada 1975–76, Bellod participou en 36 partidos, continuando como un habitual da defensa, acompañado desta volta por Julio Pardo e Manuel Gallego. Na tempada 1976–77, a súa derradeira como deportivista, disputou tan só 6 partidos.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]