Saltar ao contido

Antanas Žukauskas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntanas Žukauskas

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata
Pienionys, Lituania (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 2022 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Vilnius, Lituania Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAntakalnis Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata

Antanas Žukauskas, nado en Pienionys, Utena, o 9 de marzo de 1939, e finado en Vilnius o 27 de abril de 2022,[1] foi un escultor, medallista e deseñador de moedas lituano, coñecido polo seu deseño dos anversos nacionais da serie de moedas en euros de Lituania.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Antanas Žukauskas foi o menor de tres irmáns no seo dunha familia labrega e criuouse na localidade de Bikūnai en Anykščiai, en cuxo instituto curso o ensino secundario, do que se graduou en 1959.[2]

De 1960 a 1966 cursou estudos superiores artísticos na Academia de Artes de Vilnius, na especialidade de Escultura, tendo como mestre a Juozas Kėdainis.[2]

Escultura

[editar | editar a fonte]

A súa primeira experiencia laboral foi ao servizo do Ministerio de Cultura da República Socialista Soviética de Lituania, entre 1966 e 1970. A partir dese ano Žukauskas instalouse como artista independente e en 1974 integrouse na Asociación de Artistas Lituanos.[2]


Xa desde 1964 participou en numerosas exposicións de arte tanto en Lituania como no estranxeiro. As súas obras atópanse en moitas coleccións, como as do Museo de Arte Lituana, o Museo Nacional de Lituania, a Fundación da Asociación de Artistas Lituanos, o Museo Vydūnas de Detmold, os Museos Vaticanos, a Galería Tretyakov de Moscova ou o Museo Balzekas de Cultura Lituana de Chicago.[1]

Žukauskas foi un creador prolífico de esculturas e relevos para espazos públicos, como a decoración escultórica do Teatro Nacional de Ópera e Ballet de Lituania, en Vilnius, así como outros monumentos, lápidas, etc.[1]

Medallística e deseño de moeda

[editar | editar a fonte]

En 1984, Antanas Žukauskas creou unha medalla para conmemorar o 500 aniversario da morte do santo nacional lituano, San Casimiro, co seu retrato no anverso e unha oración á Virxe María no reverso. Esta medalla era a única medalla oficial de tema relixioso na Unión Soviética.[2]

Ademais, Žukauskas deseñou entre 1995 e 2005 varias moedas, tanto circulantes como conmemorativas, do sistema do litas para o Banco de Lituania e a Casa da Moeda de Lituania. No entanto, a obra que lle supuxo un maior recoñecemento internacional foi o deseño dos anversos nacionais comúns a toda a serie circulante de moedas do euro de Lituania, que entrou en circulación en 2015, co cabaleiro Vytis ("O Perseguidor) extraído do escudo de Lituania.[2][3]

Escolma de traballos

[editar | editar a fonte]

Esculturas

[editar | editar a fonte]

Escultura á maternidade (Motinystė) en Plungė (1972).[4]

Moedas do litas lituano

[editar | editar a fonte]

Moedas do euro

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Antanas Žukauskas". Visuotine Lietuvių Enciklopedija.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Antanas Žukauskas". Pasaulio Anykštėnų Bendrija. Anykštėnų biografijų žinynas.
  3. Moedas deseñadas por Antanas Žukauskas. Numista.com
  4. 4,0 4,1 "Antanas Žukauskas". Yrasalis.lt
  5. "Meno galerijoje – skulptorius Antanas Žukauskas". Anyksta.lt. 16 de maio de 2013.
  6. "Paminklas Jonui Basanavičiui". Pamatyklietuvoje.lt
  7. "1 Litas". Numista.com
  8. "2 Litai". Numista.com
  9. "5 Litai Children of the World". Numista.com
  10. "50 Litų Kęstutis, the Grand Duke of Lithuania". Numista.com
  11. "2 Euro". Numista.com
  12. "1 Euro". Numista.com
  13. "50 Euro Cent". Numista.com
  14. "5 Euro Cent". Numista.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]