Leandro Lamas
Leandro Lamas | |
---|---|
Nacemento | 1973 |
Lugar de nacemento | Narón |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Leandro Lamas Ermida, nado en Narón o 14 de xaneiro de 1973, é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa primeira exposición tivo lugar en Ferrol no ano 1998. Desde entón expuxo en varias outras cidades de España e Portugal. O seu estilo é naïf e caracterízase polo emprego da cor.
Obras[editar | editar a fonte]
- A palabra como motor da economía (2011). Mural sobre táboa dentro da colección da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Un conxunto de dez táboas que se suceden a modo banda deseñada, cada unha cun título e tema distintivo: Pesca, Traballo, Aforro, Sargadelos, Coñecemento, Agro, Recursos naturais, Téxtil, Desenvolvemento e Industria cultural.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Miguel Domínguez, José Carlos de; García Iglesias, José Manuel (2018). O patrimonio artístico nas facultades de economía e empresa de Galicia. Reyes, Fuco (fotografía). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. pp. 161–164. ISBN 9788417595050. OCLC 1090829885.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Miguel Domínguez, José Carlos de; García Iglesias, José Manuel (2018). O patrimonio artístico nas facultades de economía e empresa de Galicia. Reyes, Fuco (fotografía). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788417595050. OCLC 1090829885.