Saltar ao contido

Antònia Fontanillas Borràs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntònia Fontanillas Borràs

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Antònia Margarita Aurora Fontanillas Borràs Editar o valor en Wikidata
9 de xuño de 1917 Editar o valor en Wikidata
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Dreux Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ134309291 Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo e feminismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, anarquista, activista polos dereitos das mulleres Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMujeres Libres Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeQ134308426 (1960–1979)
Diego Camacho (1952–1958) Editar o valor en Wikidata
FillosAriel Camacho
 () Diego Camacho Editar o valor en Wikidata
PaisQ134308141 Editar o valor en Wikidata  e Q134308133 Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancesca Saperas i Miró, avoa Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2616

Antònia Fontanillas Borràs, nada en Barcelona o 29 de maio de 1917 e finada en Dreux (Francia) o 23 de setembro de 2014, foi unha militante anarcosindicalista e loitadora antifranquista catalá.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla de Josep Fontanillas Rion e Maria Borràs Saperas e neta de Francesca Saperas i Miró e Martí Borràs i Jover, todos eles militantes da CNT. En 1925, con oito anos, emigrou a México coa familia, mais volveu a Cataluña tras ser expulsado do país o seu pai.[2] En 1934 empezou a traballar nunha litográfica e afiliouse á CNT (da que en 1936 foi elixida delegada da sección de Artes gráficas) e ás Juventudes Libertarias. Cando estalou a Guerra civil española tentou alistarse ás milicias confederais no desembarco de Mallorca, mais acabou traballando como administrativa para o periódico Solidaridad Obrera.[3]

Ao acabar a Guerra civil española quedou en Barcelona. Militou de xeito clandestino nas FIJL e a CNT e mesmo imprimiu polo menos 14 números de Solidaridad Obrera na súa casa entre xaneiro e novembro de 1945.[4] O 7 de novembro de 1945 foi desmantelada a imprenta e Fontanillas, xunto con outros militantes, foi detida e interrogada, mais quedou en liberdade esa mesma noite. Continuou colaborando baixo diversos pseudónimos, como «Una joven libertaria» ou «Alba», no diario clandestino Ruta (1946-1948) e foi responsábel das relacións entre os presos e o seu avogado.[5]

Cando o seu compañeiro Abel Paz foi liberado da prisión en 1953, marcharon a Francia e estabelecéronse primeiro en Brezolles e o ano seguinte en Clermont-Ferrand. Nesta cidade militou activamente na CNT e o Movemento Libertario Español e foi responsábel do Boletín Ródano-Alpes (1956-1961) con Alejandro Lamela e Abel Paz, á vez que colaboraba con Quico Sabaté.[6] En 1957 foi unha das responsables do Boletín Rexional FIJL onde colaborou nos campamentos anuais organizados polas Mocidades Libertarias de Francia e España.[2] En 1958 separouse de Abel Paz e marchou co seu fillo a Dreux, onde en 1960 se uniu a Antonio Cañete Rodríguez. Colaborou nun grupo de teatro e editou Surco (1966-1967) en castelán, francés e esperanto.

Tras a morte de Franco participou nos congresos da CNT entre 1979 e 1983 e nos da Confederación Xeral do Traballo (CXT) entre 1983 e 1997. Participou en numerosas conferencias, exposicións, xornadas e presentacións de libros en España, Francia, Italia e Luxemburgo. En outubro de 2007 participou nunhas xornadas da CXT sobre o movemento Mujeres Libres. Tamén formou parte do Centre International de Recherches sur l'Anarchisme.[6]

Colaboracións

[editar | editar a fonte]

Fontanillas colaborou baixo diferentes pseudónimos («Tona», «AF Borrás» e outros) en numerosas publicacións. Algunhas delas son Action Libertaire, Anthopos, Boletín Amicale, Boletín Ródano-Alpes, Le Combat Syndicaliste, Confrontaciones, Espoir, Mujeres Libertarias, El Chico, Nueva Senda, Rojo y Negro, Ruta, Surco e Volontà.[2] Participou ademais no número especial do centenario de Solidaridad Obrera (n. 334 de maio de 2007) editado pola CNT.[7]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Testigo sobre Germinal Gracia (1992, inédito),
  • Desde uno y otro lado de los Pirineos (1993, inédito)
  • Francisca Saperas (1995, inédito)
  • De lo aprendido y vivido (1996)
  • Mujeres Libres. Luchadoras libertarias (1998)
  • Lola Iturbe: vida e ideal de una luchadora anarquista (2006, con Sonya Torres)

Escribiu unha introdución para o libro de Víctor García Contribución a una biografía de Raúl Carballeira (1961). O seu testemuño aparece no libro Clandestinidad libertaire en Espagne: la presse (1994). Colaborou na preparación dunha antoloxía sobre Luce Fabbri, La libertad entre la historia y la utopía (1998).[7]

  1. "Antonia Fontanillas Borrás: In Memoria (23 de septiembre)". Portal Libertario OACA (en castelán). 25 de setembro de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2023.
  2. 1 2 3 "Antonia Fontanillas Borrás (1917-2014)". Kate Sharpley Library (en inglés).
  3. "Fontanillas Borràs, Antonia". Dictionnaire des guérilleros et résistants antifranquistes (en francés). 6 de marzo de 2008.
  4. "2309". Ateneu Llibertari Estel Negre (en catalán).
  5. "Antonia Fontanillas Borras". Anarcopedia (en italiano).
  6. 1 2 Vega, Eulàlia (2008). "L’esilio francese di Antonia Fontanillas, militante anarchica" (PDF). Deportate, esuli, profughe (en italiano) (8): 29–44. ISSN 1824-4483. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de marzo de 2016.
  7. 1 2 "Antonia Fontanillas Borrás (Vida y obra)". Sobre la anarquía y otros temas (vida, obra y biografías de activistas, luchadoras y luchadores anarquistas) II (en castelán). 28 de abril de 2018.
  8. "Antònia Fontanillas Borràs. Un fil roig i negre més de la història de la CNT". Llibertats (en catalán). 30 de decembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]