Ano Novo Chinés
O Ano Novo Chinés (chinés tradicional=农历新年, chinés simplicado=農曆新年, pinyin=nónglì xīnnián, máis coñecido na China, como a Festa da Primavera (春节, 春節, chūnjíe), é a máis importante das festividades tradicionais chinesas, baseado no calendario chinés, que é un lunisolar, o que fai que varíe a data segundo o calendario gregoriano entre o 21 de xaneiro e o 20 de febreiro.
Historia
[editar | editar a fonte]O Aninovo é o primeiro día do primeiro mes do calendario chinés, o primeiro de Lúa Nova que por convención determínao o Observatorio da Montaña Púrpura de Nankín, e a festa do Ano Novo finaliza o décimo quinto día, que recibe o nome de Festa das Lanternas. A orixe do Ano Novo Chinés pérdese no tempo e está mesturado con múltiples mitos e tradicións.
Celébrase no territorio habitado maioritariamente por chineses e naqueles outros nos que hai comunidades chinesas e influíu nas celebracións do ano novo de Corea, Mongolia, Nepal, Bután, Vietnam, e no do Xapón antes de 1873.
Dentro da China, os costumes e tradicións varían segundo a rexión pero en xeral nesta época mércanse agasallos, tamén é tradición limpar a casa para arredar o infortunio, decorar xanelas e portas con anacos de papel vermello e con lemas sobre a felicidade, a saúde e a lonxevidade. Na véspera do aninovo, equivalente á noitevella occidental, celébrase a cea con toda a familia, o que provoca o maior movemento de poboación do planeta ó se mover de poboación millóns de persoas para estar cos seus, tradicionalmente nesa noite cómese porco, pato, galiña e diversas larpeiradas doces, a familia rematará a festa con foguetes. Na mañá do aninovo os nenos deséxanlles a seus pais un bo e saudable aninovo, e reciben diñeiro en sobres de papel vermellos.
Anos recentes
[editar | editar a fonte]Animal | Rama | Data | ||
---|---|---|---|---|
狗 Can | 戌 Xū | 6 de febreiro de 1994 | 29 de xaneiro de 2006 | 16 de febreiro de 2018 |
豬 Porco | 亥 Hai | 14 de xaneiro de 1995 | 18 de febreiro de 2007 | 5 de febreiro de 2019 |
鼠 Rata | 子 Zǐ | 19 de febreiro de 1996 | 7 de febreiro de 2008 | 25 de xaneiro de 2020 |
牛 Boi | 丑 Chǒu | 7 de febreiro de 1997 | 26 de xaneiro de 2009 | 12 de febreiro de 2021 |
虎 Tigre | 寅 Yín | 28 de xaneiro de 1998 | 14 de febreiro de 2010 | 1 de febreiro de 2022 |
兔 Coello | 卯 Mǎo | 16 de febreiro de 1999 | 3 de febreiro de 2011 | 22 de xaneiro de 2023 |
龍 Dragón | 辰 Chén | 5 de febreiro de 2000 | 23 de xaneiro de 2012 | 10 de febreiro de 2024 |
蛇 Serpente | 巳 Sì | 24 de xaneiro de 2001 | 10 de febreiro de 2013 | 29 de xaneiro de 2025 |
馬 Cabalo | 午 Wǔ | 12 de febreiro de 2002 | 31 de xaneiro de 2014 | 17 de febreiro de 2026 |
羊 Ovella | 未 Wèi | 1 de febreiro de 2003 | 19 de febreiro de 2015 | 6 de febreiro de 2027 |
猴 Mono | 申 Shēn | 22 de xaneiro de 2004 | 8 de febreiro de 2016 | 26 de xaneiro de 2028 |
雞 Galo | 酉 Yǒu | 9 de febreiro de 2005 | 28 de xaneiro de 2017 | 13 de febreiro de 2029 |