Anna Muzychuk
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1990 ![]() Lviv, Ucraína ![]() |
Educación | Lviv State University of Physical Culture (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista ![]() |
Membro de | |
Nacionalidade deportiva | Ucraína (1990–2004) Eslovenia (2004–2014) Ucraína (2014–) ![]() |
Deporte | xadrez ![]() |
Título de xadrecista | Mestra FIDE (2001) Mestra Internacional Feminina (2002) Gran Mestra Feminina (2004) Mestre Internacional (2007) Gran Mestre (2012) ![]() |
Puntos ELO (màx.) | 2.606 (2012)< |
Identificador FIDE | 14111330 ![]() |
Participou en | |
2018 | Women's Chess Olympiad 2018 (en) ![]() |
2016 | Women's Chess Olympiad 2016 (en) ![]() |
2014 | Women's Chess Olympiad 2014 (en) ![]() |
2012 | Women's Chess Olympiad 2012 (en) ![]() |
2010 | Women's Chess Olympiad 2010 (en) ![]() |
2008 | Women's Chess Olympiad 2008 (en) ![]() |
2006 | Women's Chess Olympiad 2006 (en) ![]() |
2004 | Women's Chess Olympiad 2004 (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Irmáns | Mariya Muzychuk ![]() |
Premios | |
|
Anna Olégivna Muzychuk (en ucraíno: А́нна Оле́гівна Музичу́к, en esloveno: Ana Muzičuk), nada o 28 de febreiro de 1990 en Lviv, é unha gran mestra de xadrez ucraína, tripla campioa do mundo.[1][2]
De 2004 a 2014 xogou para Eslovenia. É a cuarta muller, despois de Judit Polgár, Humpy Koneru e Hou Yifan, en superar a puntuación Elo de 2600. En xullo de 2012 chegou a alcanzar unha cualificación de 2606. Muzychuk gañou o Campionato Mundial Feminino de Xadrez Rápido en 2016 e o Campionato Mundial Feminino de Xadrez Lóstrego en dúas ocasións (2014 e 2016).
É activista pola igualdade da muller no deporte. En decembro de 2017 negouse a participar no Campionato do Mundo de Xadrez Rápido e Lóstrego en Riad (Arabia Saudita) porque non quería estar «onde as mulleres fosen tratadas como cidadás de segunda».[3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os pais de Muzychuk, adestradores profesionais de xadrez, ensináronlle a xogar á idade de dous anos. Xogou o seu primeiro torneo con cinco e ese mesmo ano quedou en segundo lugar no campionato de nenas menores de 10 anos do oblast de Lviv.[5]
Entre 1997 e 2005 gañou varias medallas nos campionatos Xuvenís de Ucraína, Europa e o mundo. Gañou o ouro no europeo de nenas Sub-10 en 1998 e 2000, o ucraíno de nenas Sub-10 en 2000, os xuvenís ucraínos e europeos Sub-12 en 2002, o europeo de nenas Sub-14 en 2003 e 2004 e o mundial de nenas Sub-16 en 2005.
Obtivo a prata no europeo de nenas Sub-10 en 1997[6] e 1999, o europeo de nenas Sub-12 en 2001, o mundial de nenas Sub-12 en 2002 e o Mundial de nenas Sub-14 en 2004. Levou o bronce no Mundial de nenas Sub-10 en 2000.
Recibiu os títulos de Mestre Internacional FIDE en 2001 e Mestra Internacional Feminina en 2002.
En 2003 Muzychuk gañou o Campionato Feminino Ucraíno [5] e o ano seguinte venceu no campionato ucraíno Sub-20.
En 2004 a federación de xadrez de Eslovenia ofreceulle un contrato e apoiárona durante o seguintes dez anos. Xogou para o club de Ljubljana e para a selección nacional da Olimpíada de Eslovenia, primeiro en xuvenís e logo en torneos para adultos. Durante eses anos converteuse na xogadora de xadrez máis forte de Eslovenia e a terceira mellor xogadora do mundo.
En 2007 gañou o campionato europeo feminino de xadrez lóstrego e terminou en segundo lugar no campionato europeo feminino de xadrez rápido, ambos celebrados en Predeal (Romanía).[7]
Muzychuk recibiu os títulos de Mestra Internacional Feminina en 2007 e Gran Mestra Feminina en 2012.
En 2010 xogou no Torneo de xadrez Tata Steel dentro do Grupo B. Terminou en décimo lugar cunha puntuación de 5½ / 13 e unha cualificación de 2583. Ese mesmo ano gañou o Mundial Xuvenil Feminino Sub-20 en Chotowa, Polonia.[8][9]
Gañou a medalla de bronce no Campionato Feminino de Xadrez Individual Europeo de 2012. O mesmo ano participou na ACP Golden Classic en Ámsterdam xunto con Vassili Ivanchuk, Gata Kamski, Emil Sutovsky, Lê Quang Liêm, Krishnan Sasikiran e Baadur Jobava. Era un torneo round-robin, cun ritmo de xogo de dúas horas e media para corenta movementos ampliábel con aprazamento.[10] Terminou en cuarto lugar, cunha puntuación de 3/6 e unha cualificación de 2721.[11]
Muzychuk terminou cuarta no torneo Tata Steel Challengers de xaneiro de 2014, en que anotou 8/13 (+ 4 = 8-1).[12] En abril gañou o Mundial Feminino de xadrez lóstrego.[13] En maio regresou á federación de xadrez ucraína.[14] En novembro gañou o campionato feminino de Ucraína de 2014 en Lviv.[15]
En xaneiro de 2016 gañou o primeiro premio feminino no torneo Masters do Tradewise Gibraltar Chess Festival.[16]
En decembro gañou o Mundial Feminino Rapid en Doha (Qatar).[17] Dous días despois defendeu o seu título do Mundial Feminino Blitz.[18]
En outubro de 2017 gañou o Campionato Europeo de Mulleres ACP Rapid en Montecarlo.[19] En novembro negouse a ir ao Mundial que se celebraba en Arabia Saudita polo trato denigrante que reciben as mulleres neste país. Renunciou así a poder revalidar a súa dobre coroa por manter os seus principios.[20][21]
En 2018 empezou a xogar na liga española de xadrez, no Club Solvay de Torrelavega (Cantabria).[22][23]
Competicións por equipos
[editar | editar a fonte]Muzychuk xogou na táboa superior para Eslovenia nas Olimpíadas de Xadrez Feminino de 2004, 2006, 2008, 2010 e 2012. En 2004 derrotou, entre outros, a daquela campioa mundial feminina, Antoaneta Stefanova. En 2006 o equipo esloveno, cabeza de serie número 17, finalizou en décimo lugar.
Na Olimpíada do Xadrez Feminino de 2014 Muzychuk xogou na táboa superior do equipo ucraíno, que obtivo o terceiro lugar detrás de Rusia e a China.[24] No Campionato Feminino Europeo de Xadrez por Equipos de 2015 contribuíu na consecución da medalla de prata para Ucraína. Na Olimpíada de Xadrez Feminina de 2016 o equipo de Ucraína gañou a medalla de prata e Muzychuk tamén gañou a medalla de ouro individual.
Activismo pola igualdade
[editar | editar a fonte]O 11 de novembro de 2017 Muzychuk declarou a través da súa páxina oficial de Facebook a súa intención de non participar na defensa dos seus dous títulos en Arabia Saudita. Alegou como motivos o trato que reciben as mulleres nese país.[25] O 23 de decembro reafirmou a súa posición mencionando que «non desexa xogar baixo as regras de ninguén, non vestir a abaya, tampouco ser escoltada por ninguén cando tivese que saír e non sentirse unha criatura secundaria».[26]
Dixo que non quería estar «onde as mulleres fosen tratadas como cidadás de segunda». «Aínda que a case ninguén lle importase a miña decisión», sinalou que a reivindicación da igualdade no deporte é a mellor vitoria que se pode ter. «Fíxeno, xunto á miña irmá tamén xogadora, para manter os meus principios e non sentirme como unha criatura de segunda categoría».[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A súa irmá máis nova, Mariya, foi a Campioa Mundial Feminina de Xadrez de 2015.
Fala sete idiomas: ucraíno, inglés, alemán, croata, ruso, esloveno e español.[22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Contreras, María (5 de xullo de 2016). "Mariya y Anna, las hermanas que ponen en jaque al rey". El País Semanal (en castelán) (Prisa). Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ "Grandmaster title application" (PDF). FIDE - International Chess Federation. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Ellis-Petersen, Hannah (27 de decembro de 2017). "Chess champion to miss Saudi Arabia tournament over women's rights". The Guardian (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "“Feminismo y dignidad siempre van de la mano”" (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "Meet the Muzychuk sisters". ChessBase (en inglés). 4 de novembro de 2014. Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ "C.to Europeo U10 femminile". FSI - Federazione Scacchistica Italiana. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ "Viktorija Cmilyte wins European Women's Rapid Championship". ChessBase (en inglés). 8 de novembro de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ "La elite joven disputa los títulos mundiales en Chotowa". ChessBase (en castelán). 5 de agosto de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2010.
- ↑ "Los Hermanos Cori en el Campeonato Mundial Sub20 (2010)". Club Ajedrez 64 Villalba (en castelán). 1 de setembro de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2010.
- ↑ Silver, Albert; L'Ami, Alina (16 de xullo de 2012). "ACP Golden Classic – Tournament for the nostalgic". ChessBase (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "Ivanchuk wins ACP Golden Classic; Giri is Dutch champion". ChessBase (en inglés). 23 de xullo de 2012. Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "Standings of Tata Steel Challengers 2014". Tata Steel Chess (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "Anna Muzychuk wins Women’s World Blitz Championship". Chesssdom (en inglés). 28 de abril de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "Anna Muzychuk to represent Ukraine". Chessdom (en inglés). 7 de maio de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "Yuriy Kuzubov and Anna Muzychuk are 2014 Ukrainian champions". Chessdom (en inglés). 25 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "TRADEWISE GIBRALTAR CHESS FESTIVAL 2016". TablaDeFlandes (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ Fischer, Johannes (28 de decembro de 2016). "Vassily Ivanchuk is new World Champion in Rapid Chess". ChessBase (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "Karjakin wins FIDE World Blitz Championship, double gold for Anna Muzychuk". ChessBase (en inglés). 31 de decembro de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ "Anna Muzychuk wins European ACP Women's Rapid Championship 2017". Consultado o 30 de novembro de 2017.
- ↑ "Anna Muzychuk: "Mis principios están por encima de todo"". As (en castelán). 4 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2022.
- ↑ "Anna Muzychuk, campeona mundial de ajedrez, se niega a jugar en Arabia Saudí". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de novembro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2022.
- ↑ 22,0 22,1 Marín Bellón, Federico (25 de febreiro de 2018). "Anna Muzychuk jugará la Liga española y un duelo contra Karpov". ABC (en castelán) (Vocento). Consultado o 13 de novembro de 2022.
- ↑ Martínez de la Calle, Alberto (12 de xuño de 2022). "Anna Muzychuk: «Pagué un alto precio por no jugar en Arabia Saudí. Fue lo correcto»". Las Provincias (en castelán) (Vocento). Consultado o 13 de novembro de 2022.
- ↑ "Chess-Results Server Chess-results.com - Tournament-Database". Chess-results.com (en inglés). 14 de agosto de 2014. Consultado o 30 de novembro de 2017.
- ↑ Muzychuk, Anna (11 de novembro de 2017). "Anna Muzychuk". Facebook (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2017.
- ↑ Muzychuk, Anna (23 de decembro de 2017). "Anna Muzychuk". Facebook (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Muzychuk |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Partidas de xadrez de Anna Muzychuk en 365Chess.com