Saltar ao contido

Humpy Koneru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHumpy Koneru

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Vijayawada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaIndia Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMestra Internacional Feminina (1998)
Gran Mestra Feminina (2001)
Gran Mestre (2002) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.623 (2009)<
Identificador FIDE5008123 Editar o valor en Wikidata
Participou en
2018Women's Chess Olympiad 2018 (en) Traducir
2006Women's Chess Olympiad 2006 (en) Traducir
2006Xogos Asiáticos de 2006
2004Women's Chess Olympiad 2004 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiKoneru Ashok Editar o valor en Wikidata
Premios

Koneru Humpy ou Humpy Koneru[1] nada en Vijayawada, Andhra Pradesh, o 31 de marzo de 1987, é unha xadrecista india.[2] En 2002 converteuse na oitava muller en conseguir o título de Gran Mestra Feminina e a máis nova (15 anos, 1 mes e 27 días), co que superou o récord previo de Judit Polgár por tres meses. A chinesa Hou Yifan superou esa marca en 2008.[3] En outubro de 2007 Humpy converteuse na segunda muller, após Polgár, en superar a barreira de 2600 puntos Elo, con 2606 puntos.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Humpy gañou tres medallas de ouro no Mundial Xuvenil de Xadrez: en 1997 (sub-10 feminino), 1998 (sub-12 feminino) e 2000 (sub-14 feminino). No Campionato Asiático Xuvenil de Xadrez de 1999 en Ahmedabad gañou na categoría sub-12, competindo cos mozos.[5] En 2001 gañou o Mundial Júnior Feminino. Na edición do ano seguinte en Goa empatou con Zhao Xue no primeiro lugar, mais ficou segunda tralo desempate.[6] Humpy competiu cos mozos no Mundial Júnior de 2004 en Kochi, o cal gañou Pentala Harikrishna. Empatou no quinto posto, mais acabou décima tralo reconto cunha puntuación de 8,5/13 puntos.[7]

Humpy gañou o Campionato Femenino Británico en 2000 e en 2002. En 2003 gañou o 10º Campionato Individual Feminino de Asia e o Campionato Feminino da India.[8] En 2005 gañou a Copa Urais Norte, un torneo feminino celebrado en Krasnoturiinsk (Rusia) que conta coas dez mellores xadrecistas a nivel mundial do momento.[9]

En 2004 participou por primeira vez no Mundial Feminino. Desde entón, competiu en todas as edicións co formato de knockout ou de eliminación directa. Humpy chegou ás semifinais en 2004, 2008 e 2010.

En 2009 empatou no 1º posto con Alexander Areshchenko, Magesh Panchanathan e Evgenii Miroshnichenko na Mayor Cup de Mumbai.[10] Finalmente, foi Areshchenko quen se fixo co triunfo.

En 2009 Humpy acusou a All India Chess Federation de prohibirlle participar na 37ª Olimpíada de Xadrez en Turín. Previamente denunciara acoso psicolóxico por parte do secretario da entidade.[11][12] O seu pai e adestrador, Humpy Ashok, non foi autorizado para viaxar con ela aos torneos.

Humpy obtivo o segundo lugar no Grand Prix Feminino de 2010, polo que puido clasificarse para o Mundial Feminino de Xadrez de 2011 en Doha.[13][14] Hou Yifan gañou o encontro, ao gañar tres xogos e facer cinco táboas. Humpy foi subcampioa nas series de Grand Prix Feminino tamén en 2011–2012, 2013–2014, 2015–2016 e 2019–2021.

Gañou o bronce individual no Mundial Feminino por equipos de 2015 en Chengdu. O equipo indio quedou cuarto na competición, a só un punto do chinés, que gañou a medalla de bronce.[15]

En 2019 converteuse en campioa mundial feminina de xadrez rápido despois de dous anos sabáticos debido á súa maternidade.[16]

Representou á India nas Olimpíadas de Xadrez de 2022 en Mahabalipuram.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Os seus pais, Koneru Ashok e Latha Ashok, chamárona nun principio «Hampi», nome derivado de champion («campioa»). O pai mudou máis adiante a ortografía a Humpy, para que tivese unha sonoridade máis próxima ao ruso.[3][17]

En agosto de 2014 casou con Dasari Anvesh.[18] Na actualidade traballa en ONGC Ltd., a empresa pública india de petróleo e gas natural.[19]

O Presidente Abdul Kalam entrégalle o premio Padma Shri a Koneru Humpy na Cerimonia de Investidura no pazo presidencial Rashtrapati Bhavan (Nova Deli) o 23 de marzo de 2007

Deu a luz unha nena, Ahana, en 2017.[20]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
En Wijk aan Zee en 2006
  • 1999: a Mestra Internacional Feminina máis nova de Asia
  • 2001: a Gran Mestra Feminina máis nova da India
  • 2003: Premio Arjuna ao mérito deportivo do Goberno da India
  • 2007: Premio Padma Shri, recoñecemento civil outorgado polo Goberno da India
  • 2019: Grand Prix Feminino de Skolkovo
  • 2019: Grand Prix Feminino de Mónaco
  • 2019: Mundial Feminino de Xadrez Rápido[21]
  • 2020: Copa Cairns[22]
  • 2020: Ouro na Olimpíada Online de Xadrez
  • 2021: Premio da BBC á Deportista Feminina India do ano, por votación pública[23]
  • 2021: Bronce na Olimpíada Online de Xadrez
  • 2022: Bronce na 44ª Olimpíada de Xadrez
  • 2022: Copa Gaprindashvili por equipos da 44ª Olimpíada de Xadrez
  1. En moitas partes da India é común pór primeiro o apelido familiar, seguido do nome persoal. Así, "Koneru" é o apelido e "Humpy" é o seu nome persoal. Unhas veces o seu nome é escrito Koneru Humpy, segundo a tradición da cultura telugu, e outras, polas convencións occidentais, é escrito Humpy Koneru.
  2. "The inspiring return of Koneru Humpy". ChessBase India. 29 de decembro de 2019.
  3. 1 2 "Humpy beats Judit Polgar by three months". ChessBase (en inglés). 31 de maio de 2002. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
  4. "Anand crosses 2800 and leads the October 2007 FIDE ratings". ChessBase (en inglés). 10 de febreiro de 2007. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
  5. "Humpy on high!". Rediff.com (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
  6. "Goa 2002 - 20° Campeonato Mundial Juvenil Feminino". BrasilBase (en portugués). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
  7. "Cochin 2004 - 43° Campeonato Mundial Juvenil". BrasilBase (en portugués). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  8. "The Week in Chess 471". The Week in Chess (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  9. "North Urals Cup: Humpy wins, Xu Yuhua second". ChessBase (en inglés). 15 de xullo de 2005. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  10. Zaveri, Praful (15 de maio de 2009). "Areshchenko triumphs in Mayor's Cup – Jai Ho Mumbai!!". ChessBase (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  11. "Koneru Humpy accuses AICF secretary of harassment". IBN Sports. 24 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 25 October 2009. Consultado o 20 de outubro de 2010.
  12. "Humpy replies to Sundar – issues open challenge". ChessBase. 25 de outubro de 2009. Consultado o 20 de outubro de 2010.
  13. "Women GP Nalchik". FIDE (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  14. "Humpy pulls it off – wins Doha GM and qualifies". ChessBase (en inglés). 5 de marzo de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  15. "World Women Chess: Harika wins silver, bronze for Humpy". The Hindu (en inglés) (Chengdu). PTI. 29 de abril de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  16. Shah, Sagar (29 de decembro de 2019). "The inspiring return of Koneru Humpy". Chessbase.in (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  17. "The Tribune, Chandigarh, India - Sports Tribune". The Tribune (en inglés). 8 de abril de 2006. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
  18. J. R. Shridharan. "Humpy enters wedlock with Anvesh". The Hindu. Consultado o 17 de febreiro de 2015.
  19. "Humpy joins ONGC". The Hindu. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
  20. "Grandmaster Koneru Humpy learning the moves of a mother". www.telegraphindia.com (en inglés). Consultado o 2020-05-22.
  21. Sampat, Amit (30 de decembro de 2019). "Koneru Humpy pockets first world chess crown, clinches Women's rapid title in Russia". The Times of India (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2023.
  22. "2020 Cairns Cup March 2020 United States of America FIDE Chess Tournament report". FIDE (en inglés). 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2023.
  23. "Koneru Humpy: Chess player is BBC Indian Sportswoman of the Year". BBC (en inglés). 8 de marzo de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]