Andecha Astur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Asturina". Bandeira nacionalista asturiana que emprega habitualmente Andecha Astur

Andecha Astur (AA) é un partido político nacionalista asturiano de esquerdas. O secretario xeral do partido foi Arturu Xosé Bermeyu dende a súa formación ata o 2007. O secretario actual é Daniel Cueli.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1990, aínda que até agora non ten acadada representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias en ningunha lexislatura das 3 ás que se ten presentado. Nas eleccións municipais de 2003 tiveron 4.250 votos (0,7%) e conseguiron dous concelleiros, un en Riosa e outro en Carreño. Nas autonómicas tiveron 3.821 votos (0,63%).

En 2004 presentouse ás eleccións ó Parlamento Europeo dentro da coalición Europa dos Pobos e tivo 1.677 votos (0,38%). Nas eleccións xerais de 2004 conseguiu 1.970 votos (0,28%).

En 2007 presentase ás eleccións municipais e autonómicas, onde obtén 2.100 e 2.727 votos, respectivamente e ningún concelleiro nin deputado.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Andecha Astur é unha organización política nacionalista de esquerdas. Entre as súas bases ideolóxicas atópanse:

Postura respecto ó galego de Asturias[editar | editar a fonte]

Andecha Astur non recoñece que no occidente de Asturias se fale galego e periodicamente denuncia agresións da TVG, do goberno galego e do Bloque Nacionalista Galego nunha suposta política de imposición do galego sobre unha fala que eles consideran que pertence en exclusiva á cultura asturiana [1] [2] baixo o lema Asturies: un pueblu, una llingua

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]