Arturu Xosé Bermeyu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturu Xosé Bermeyu
Lugar de nacementoOviedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Arturu Xosé Bermeyu García, nado en Oviedo, Asturias, é o Secretario Xeral do partido político asturiano de esquerdas Andecha Astur dende a súa fundación en 1990. Aínda que no funcionamento interno desta formación política, que eles chaman horizontal, este cargo non ten relevancia política pero si representativamente. Bermeyu asinou no Pacto de Donostia o 11 de maio de 2004, na conformación da Coalición Europa dos Pobos con outras formacións nacionalistas como ERC, EA ou CHA para concorrer ás Eleccións Europeas onde a coalición acadou un deputado no Parlamento europeo.

Arturu X. Bermeyu é un militante histórico do Nacionalismo asturiano de esquerdas. Sendo estudante, foi membro do partido político Ensame Nacionalista Astur (ENA), formación na que aparece nas listas das eleccións de 1983 á Xunta Xeral do Principado de Asturias. Trala fusión de ENA coa Xunta Nacionalista Asturiana (XNA) para formar a Unidá Nacionalista Asturiana (UNA), Arturu Xosé Bermeyu decide non entrar neste proxecto.

Bermeyu únese ós 8 expulsados do sector crítico da UNA contrarios á unión co Partido Asturianista e forma Andecha Astur, organización política da que será o Secretario Xeral ata (2007).