Ana Pastor Julián
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1957 (66 anos) Cubillos, España |
Deputada de España | |
17 de agosto de 2023 – 31 de maio de 2024 Lexislatura: XV lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2023 | |
Deputada de España | |
3 de decembro de 2019 – 17 de agosto de 2023 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Deputada de España | |
21 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Presidenta do Congreso dos Deputados | |
19 de xullo de 2016 – 20 de maio de 2019 ← Patxi López – Meritxell Batet → | |
Deputada de España | |
5 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
29 de decembro de 2015 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Ministra de Fomento de España | |
22 de decembro de 2011 – 19 de xullo de 2016 ← José Blanco – Rafael Catalá → | |
Deputada de España | |
28 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada de España | |
26 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Ministro de Sanidade e Consumo | |
9 de xullo de 2002 – 18 de abril de 2004 ← Celia Villalobos – Elena Salgado, Jesús Caldera → | |
Q45073777 | |
2 de marzo de 2001 – 12 de xullo de 2002 ← Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín (en) – María Dolores de Cospedal → | |
Subsecretário de Estado (pt) presidência (pt) | |
5 de maio de 2000 – 2 de marzo de 2001 | |
Deputada de España | |
29 de marzo de 2000 – 5 de maio de 2000 – Lucita Villar Jar → Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Subsecretário de Estado (pt) education and culture (en) | |
22 de xaneiro de 1999 – 4 de febreiro de 2000 | |
Director general (en) | |
17 de xuño de 1996 – 22 de xaneiro de 1999 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca - medicina, Cirurxía |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, médica |
Partido político | Partido Popular |
Participou en | |
26 de outubro de 2020 | quinto aniversario de El Español |
18 de agosto de 2020 | En defensa do reinado de Xoán Carlos I |
Familia | |
Cónxuxe | José Benito Suárez Costa (1988–) |
Premios | |
| |
Ana María Pastor Julián, nada o 11 de novembro de 1957 en Cubillos, provincia de Zamora,[1] é unha médica e política española que realizou a maioría da súa vida profesional en Galicia.
Foi ministra de Sanidade e Consumo do Goberno de España de 2002 a 2004, ministra de Fomento de 2011 a 2016 e presidenta do Congreso dos Deputados de 2016 a 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de labradores. O seu pai, Victoriano Pastor Serrano, aínda que nacido en Viveiro, residía na vila zamorana de Cubillos.[2] Ana Pastor fixo os seus primeiros estudos na escola da súa vila natal, sendo unha alumna avantaxada de Evangelina, a súa mestra. Na súa xuventude pensaba ser matemática,[1] pero máis tarde orientouse cara á medicina, licenciándose na Universidade de Salamanca, e especializándose en Medicina Familiar e Comunitaria.
Ademais de licenciada en Medicina e Cirurxía, é MBA en Business Administration.[3] Ademais, é funcionaria do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria do Estado.[Cómpre referencia]
Actividade como médica
[editar | editar a fonte]O seu primeiro destino profesional foi como médica no centro de saúde do concello de Crecente, posto obtido por oposición. Alí coñeceu ao que sería o seu marido, o crecentense José Benito Suárez Costa, hoxe presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.[1][4]
Posteriormente foi xefa do servizo de Planificación Sanitaria da delegación pontevedresa da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, logo foi xerente de Atención Primaria na provincia de Pontevedra e despois directora provincial do Servizo Galego de Saúde.
Actividade na política
[editar | editar a fonte]En 1996, tras o triunfo electoral do Partido Popular nas eleccións xerais, foi nomeada directora xeral da Mutualidad Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), dependente do ministerio de Administracións Públicas, que tiña daquela como titular a Mariano Rajoy.
A partir dese momento inicia unha carreira ascendente na administración do Estado, que a levan a ocupar sucesivamente os postos de subsecretaría en todos os departamentos dos que Rajoy foi nomeado ministro: Educación e Cultura (1999), Presidencia (2000) e Interior (2001). Finalmente, entre 2002 e 2004 convértese en ministra de Sanidade e Consumo.[5]
Foi elixida deputada en 2000, 2004, 2011, decembro de 2015 e de xuño de 2016 polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra.
Desde 2004 é Secretaria Executiva de Política Social e Benestar do PP.
En 21 de decembro de 2011 foi designada ministra de Fomento por Rajoy, para formar parte do primeiro goberno do PP tras o triunfo do devandito partido nas Eleccións Xerais do 20 de novembro, posto que ocupou durante toda a lexislatura.
Presidencia do Congreso
[editar | editar a fonte]O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou o 18 de xullo de 2016 que Pastor era a candidata dos populares á presidencia do congreso dos Deputados.[6]
O 19 de xullo de 2016 foi proclamada presidenta do Congreso da XII Lexislatura. A súa designación necesitou de dúas roldas de votacións da sesión constitutiva, xa que na primeira non alcanzou a maioría absoluta requirida polo regulamento da Cámara. Na segunda acadou a maioría simple, obtendo 169 votos dos deputados do PP e de Ciudadanos, e 10 máis seguramente dos nacionalistas cataláns e vascos, fronte aos 155 obtidos polo candidato socialista e anterior presidente da Cámara, Patxi López (ademais, houbo 25 votos en branco).[5][7][8]
Tras a súa toma de posesión, Pastor converteuse na segunda muller que preside o Congreso, tras a tamén popular Luisa Fernanda Rudi.[9][10]
Ao día seguinte á súa proclamación, a nova presidenta foi recibida polo rei Filipe VI, a quen lle comunicou oficialmente que a Cámara Baixa quedara constituída e lle trasladou a relación de forzas políticas que a compoñen, para que o xefe do Estado poida iniciar así a rolda de consultas políticas previas á investidura.[5][11]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Honras e distincións
[editar | editar a fonte]- No ano 2000 foi galardoada coa Medalla de Galicia, na súa categoría de prata.
- No ano 2003 foi nomeada filla adoptiva de Crecente, e déuselle o seu nome á praza principal da vila, anteriormente denominada plaza del Caudillo.[12]
Cargos públicos desempeñados desde 1999
[editar | editar a fonte]Predecesor: Ignacio González González |
Subsecretaria de Educación, Cultura e Deporte 1999-2000 |
Sucesor: Mariano Zabía Lasala |
Predecesor: Juan Junquera González |
Subsecretaria da Presidencia 2000-2001 |
Sucesor: Dolores de la Fuente Vázquez |
Predecesor: Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín |
Subsecretaria do Interior 2001-2002 |
Sucesor: María Dolores de Cospedal García |
Predecesor: Celia Villalobos |
Ministra de Sanidade e Consumo 2002 - 2004 |
Sucesor: Elena Salgado |
Predecesor: Ángeles Muñoz |
Secretaria executiva de Política Social do PP 2004 - 2008 |
Sucesor: José Ignacio Echániz |
Predecesor: Jordi Vilajoana |
Vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados 2008 - 2011 |
Sucesor: Javier Barrero |
Predecesor: Xosé Blanco |
Ministra de Fomento 2011 - 2016 |
Sucesor: Rafael Catalá (en funcións) |
Predecesor: Patxi López |
Presidenta do Congreso dos Deputados 2016 - 2019 |
Sucesor: Meritxell Batet |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 El perfil de Ana Pastor. La amiga de Rajoy en Hoy.es, 12-01-14.
- ↑ Fallece el padre de la ministra de Fomento, Ana Pastor La Opinión de Zamora, 11-07-2014.
- ↑ Ficha de Ana pastor no Congreso dos deputados, X lexislatura Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine..
- ↑ José Benito Suárez se perfila como sustituto de Surís en la Autoridad Portuaria de Marín La Voz de Galicia, 24-04-2009.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Ana Pastor traslada al Rey la nueva composición del Congreso Arquivado 21 de xullo de 2016 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 20-07-2016.
- ↑ "Mariano Rajoy propone a Ana Pastor como candidata a la presidencia del Congreso". 20 minutos. 18/7/2016. Consultado o 19 de xullo de 2016..
- ↑ Ana Pastor, elegida presidenta del Congreso. La cabeza de lista del PP por Pontevedra logra el respaldo de Ciudadanos y se impone al socialista Patxi López La Voz de Galicia, 19-07-2016.
- ↑ "Los nacionalistas ayudan a Rajoy para que pueda controlar el Congreso". El País. 20 de xullo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2016.
- ↑ Congreso de los Diputados (19 de xullo de 2016). "Ana Pastor, elegida presidenta del Congreso de los Diputados para la XII Legislatura". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2016..
- ↑ El Mundo (19 de xullo de 2016). "Ana Pastor, presidenta del Congreso con 169 votos a favor frente a los 155 de Patxi López". Consultado o 19 de xullo de 2016.
- ↑ El rey comunicará mañana el nuevo calendario de consultas La Voz de Galicia, 20-07-2016.
- ↑ La ministra regresa a su consulta La Voz de Galicia, 5-07-2003.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Pastor Julián |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pastor Julián, Ana María". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 425. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Composición do Congreso dos Deputados de España
- Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Ana Mª Pastor Julián no Congreso dos Deputados: X LexislaturaArquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- Ministros de España
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra
- Medalla de Prata de Galicia
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Nados en 1957
- Nados na provincia de Zamora
- Alumnos da Universidade de Salamanca
- Presidentes do Congreso dos Deputados
- Políticos do PP
- Ministros de Sanidade de España
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura)