Amphiarius rugispinis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amphiarius rugispinis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Siluriformes
Familia: Ariidae
Subfamilia: Ariinae
Xénero: Amphiarius
Especie: A. rugispinis
Nome binomial
Amphiarius rugispinis
(Valenciennes, 1840)
Sinonimia
Véxase o texto

Amphiarius rugispinis é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos siluriformes, familia dos aríidos e subfamilia dos ariinos, unha das dúas integradas no xénero Amphiarius.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1840 polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes, baixo o nome de Arius rugispinis.[2][3][4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Arius rugispinis Valenciennes, 1840 (protónimo)
  • Cathorops rugispinis (Valenciennes, 1840)
  • Hexanematichthys rugispinis (Valenciennes, 1840)
  • Notarius rugispinis (Valenciennes, 1840)
  • Tachysurus atroplumbeus Fowler, 1931

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Amphiarius rugispinis é un peixe mariño, pero que habita tamén en augas salobres, demersal, que se encontra entre os 8° N e os 3° S, e entre os 59° O e os 43° O, en América do Sur, desde a Güiana até o Maranhão (Brasil).[5]

Características[editar | editar a fonte]

Pode acadar unha lonxitude máxima de 47,0 cm,[6] aínda que comunmente mide 30,0 cm.[7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

É un peixe costeiro, que se encontra principalmente en augas turbias dos estuarios e ao redor das desembocaduras dos ríos. A reprodución parece ser entre setembro e novembro. O diámetro do ovo é de 14 a 15 mm; as femias desovan uns 30-35. Os machos gardan e incuban os ovos na boca, até a súa eclosión.[8]

Relación cos humanos[editar | editar a fonte]

É obxecto de pesca pola súa carne. Comercialízase fresco e salgado e, para a exportación, conxelado.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marceniuk, A. P., Betancur, R., Giarrizzo, T. & Fredou, F.L. (2015): Notarius rugispinis [sic] na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de agosto de 2022.
  2. 2,0 2,1 Amphiarius rugispinis (Valenciennes, 1840) no WoRMS. Consultado o 7 de agosto de 2022.
  3. Amphiarius rugispinis (Valenciennes, 1840) no GBIF. Consultado o 7 de agosto de 2022.
  4. Amphiarius rugispinis (Valenciennes, 1840) na BioLib. Consultada o 7 de agosto de 2022.
  5. Froese & Pauly 2011.
  6. Soares, B. E., A. C. C. Santos, F. L. S. Mendes, R. B. Barthem & L. F. A. Montag (2016): "Length-weight relationship of seven marine catfishes (Siluriformes: Ariidae) in the Amazon Coastal Zone (Brazil)". J. Appl. Ichthyol. 32: 163-164.
  7. Taylor, W. R. & N. A. Menezes (1978): "Ariidae". En W. Fischer, ed. FAO species identification sheets for fishery purposes. West Atlantic (Fishing Area 31). volume 1. Roma: FAO.
  8. Le Bail, P.-Y., P. Keith & P. Planquette (2000): Atlas des poissons d'eau douce de Guyane. Tome 2, Fascicule II: Siluriformes. París: Publications scientifiques du Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8651-5117-4.
  9. Cervigón, F., R. Cipriani, W. Fischer, L. Garibaldi, M. Hendrickx, A. J. Lemus, R. Márquez, J. M. Poutiers, G. Robaina & B. Rodriguez (1992): Fichas FAO de identificación de especies para los fines de la pesca. Guía de campo de las especies comerciales marinas y de aquas salobres de la costa septentrional de Sur América. Roma: FAO. ISBN 92-5303-129-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]