Amphiarius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Amphiarius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Siluriformes
Familia: Ariidae
Subfamilia: Ariinae
Xénero: Amphiarius
Marceniuk & Menezes, 2007
Especie tipo
Arius rugispinis
Valenciennes, 1840
(Hoxe, Amphiarius rugispinis)
Especies
Véxase o texto

Amphiarius é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos siluriformes, familia dos aríidos e subfamilia dos ariinos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 2007 polos ictiólogos brasileiros Alexandre Pires Marceniuk e Naércio Aquino de Menezes,[1] no seu traballo:

Marceniuk, A. P. & Menezes, N. A. (2007): "Systematics of the family Ariidae (Ostariophysi, Siluriformes), with a redefinition of the genera". Zootaxa 1416: 1–126.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Amphiarius está formado pola unión dos elementos Amphi- e -arius. O primeiro deriva do grego antigo ἀμφί amphí ("ambos") referíndose á aparición das especies incluídas no xénero tanto en augas doces como mariñas, e o segundo é Arius, o xénero tipo tanto da familia como da subfamilia.[2]

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero comprende soamente dúas especies:[1][3]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Amphiarius phrygiatus e A. rugispinis foron descritos orixinalmente por Achille Valenciennes en 1840 como especies de Arius, no que foron situados tradicionalmente. Tamén foron clasificados dentro do xénero Notarius. Desde entón, recoñeceuse que estas dúas especies forman unha agrupación natural e monofilética e suxeriuse que representaban un novo xénero sen describir. O xénero Amphiarius foi finalmente erixido para estas dúas especies en 2007.

Distribución[editar | editar a fonte]

As dúas especies distribúense en augas mariñas, salobres e doces da costa occidental do océano Atlántico, no norte e no leste de América do Sur.[4]

Características[editar | editar a fonte]

As especies de Amphiarius distínguense de todas as outras da familia pola presenza de placas dentarias accesorias que son de pequenas a moderadas, aproximadamente arredondadas e situadas lateralmente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]